Inspiraciencia é unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar un achegamento ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da creación literaria, e explorar realidades antes non imaxinadas.
En cada edición concrétase unha temática especial arredor das artes e as ciencias. Nesta ocasión, o concurso incorpora unha mención especial dedicada á danza como innovación. Esta categoría busca recoñecer propostas que integren a práctica artística con procesos de investigación, así como a transmisión de resultados científicos a través da linguaxe do movemento.
Consulta as bases do concurso.