A arte e a ciencia comparten un impulso común: comprender, reinterpretar e explicar o mundo que nos rodea. En Inspiraciencia, cremos que unha non se pode entender sen a outra. A través de diferentes linguaxes, ambas disciplinas exploran cuestións profundas e xeran novas formas de coñecemento. En Inspiraciencia, este diálogo convértese nun lugar de encontro onde a imaxinación, a investigación e a experimentación se conectan para espertar a curiosidade e a ilusión.
Este diálogo de conexións guía esta iniciativa, onde a investigación se atopa coa creación para inspirar novas perspectivas sobre a realidade. Arte e Ciencia forma parte de Inspiraciencia e terá lugar bienalmente, alternando un ano dun concurso de relatos científicos con outro dedicado a actividades relacionadas con estas dúas áreas.
En 2024, esta conexión tomouse forma en dous proxectos que xiraron, en particular, arredor das artes escénicas: