Revive
Mar
Hai algúns anos, nunha casiña no bosque vivían un científico de gran prestixio, Xavier, e mais a súa muller, Uxía. Ambos eran moi novos e alegres, ata que a muller empezou a enfermar.
Un día cando Xavier chegou de traballar encontrou a súa esposa tirada no sofá, case insconciente. Rapidamente colleunaa e levouna ao hospital. Ao chegar, fixéronlle moitos exames, e o diagnóstico foi cancro de pulmón.
Nese entón non existía ningún tratamento que o curara, polo que dous meses despois, con 27 anos, Uxía morreu e Xavier sentiuse devastado. A noite do día na que a enterraron retomou a construción dunha máquina que fora capaz de revivila, na que traballaba desde anos antes. Despois de moitas noites de traballo, rematou a máquina, esperou a que chegara a noite seguinte e con moito sixilo desenterrouna.
Con moito coidado levouna ao bosque no que vivían, era unha noite horrible, con moitos lóstragos. Colocou unha antena; logo púxoa na padiola e esperou a que caera un lóstrego na antena conectada á máquina. Cando isto pasou, a muller levantouse pouco a pouco, mirando todo con rareza. O seu marido correu a abrazala, el chorando de alegría, díxolle:
- Meu amor, estas viva! Pensei que non ía funcionar
A muller intentou levantarse, pero non puido. Xavier levouna en brazos ata o baño, desvestiuna e con moito coidado bañouna. Uxía parecía unha boneca, non se podía mover case nada nin falaba. Xavier púxoa nunha cadeira de rodas para podela desprazar mais rápido. A pesar da ducha, Uxía seguía ulindo a morto, e aínda que o marido a bañara con auga moi quente ella seguía fría coma o xeo.
Pasaron varias semanas, e a situación de Uxía non melloraba. Xavier dende había tempo non saíra da súa casa, todo o mundo pensou que estaba devastado porque o amor da súa vida xa non estaba. En gran parte iso era certo, pero non era convincente para o seu mellor amigo Xosé, así que un día decidiu visitalo e o que encontrou foi espantoso.
Cando abriu a porta, viu a Xavier dándolle comida ao cadáver en cadeira de rodas da súa muller e desmaiouse. Xavier foi correndo cara a el e deulle un abrazo e contoulle como se desmaiou polo shock. Xosé, cando recuperou a conciencia, chamou ao 112. Pouco despois chegou a ambulancia e con moito esforzo sacaron a Xavier e levárono ao hospital psiquiátrico de Santiago.
Uns dous anos despois deron de alta ao científico, que por fin lograra volver a unha vida normal, malia que aínda seguía triste. No hospital coñecera moita xente cun caso similar ao seu e prometeulles que cando saíra do hospital descubriría unha cura para o cancro. E así foi, aínda que lle levou case 10 anos conseguiuno. E terminou formando parte dun grande equipo científico internacional.