Proxecto: NEO-CAT
Alejandra Cores
Proxecto: NEO-CAT
19 de maio de 2559
—Permítanme presentarme. Son Yumenclatt Ascalis, nado o 17 de setembro de 2530. Actualmente atópome atrapado na habitación 49 do laboratorio subterráneo X, todo por mor da miña ambición. Agardo a chegada dos meus salvadores, temendo pola miña vida; e, con todo, o que máis me importa neste momento é o paradoiro do meu querido fillo, Yugurat.
Para dar un contexto máis claro á miña situación, permítanme comezar polo principio.
>>Desde que teño memoria, sentín unha gran paixón pola ciencia e os novos descubrimentos. Dedicaba o meu tempo libre a ler calquera libro que contivese información relacionada con este campo. Mesmo na adolescencia, coñecía o meu obxectivo e, como se esperaba, abrinme camiño pola rama das ciencias. Na universidade da miña cidade natal, Vareles, gradueime primeiro da miña clase con notas máximas. A pesar da miña excelente situación financeira, limiteime a vivir nun apartamento situado nos límites da urbanización.
>>Comecei a planificar o meu proxecto máis grande aos 14 anos. Soñaba con crear unha raza felina superior á nosa, con intelixencia avanzada e anatomía perfecta. Chamei ao plan "NEO-CAT"; neo, que significa "novo", e cat, que significa "gato". Despois de rematar os meus estudos e independizarme, só me levou uns meses antes de que puidese completar o proxecto. Cando rematei a investigación, vestínme coa miña mellor roupa e viaxei á sede principal do goberno felino. Alí, presentei a idea e solicitei financiamento, xa que usando só os meus propios recursos estaría incriblemente lonxe do meu obxectivo. A proposta foi un éxito; os superiores quedaron abraiados coa idea de que gatos antropomórficos superintelixentes camiñasen entre nós, e proporcionaron con gusto apoio financeiro para o proxecto.
>>Prepararon rapidamente todo o necesario e, en poucas semanas, comezaron a traballar baixo o máis estrito segredo. Construíron as instalacións subterráneas onde traballaríamos, contrataron un equipo de investigación e un gran equipo de seguridade e protección. Pasaron dous anos antes de que se rematase o laboratorio. Durante o período de construción, tiña a maior parte do meu tempo libre, así que decidín adoptar un gatiño do orfanato da cidade, con tal de pasar o tempo. Chameino Yugurat. Era o máis novo de todos os mozos que había alí e parecía tranquilo e ben educado. De pequena estatura, pelaxe gris e ollos verdes, adaptouse rapidamente ao seu novo fogar. Os meses pasaron voando cheos de risas, xogos e moito máis. Formamos un forte vínculo; eu aprendín del, e el aprendeu de min.
>>Cando se rematou o edificio, instaláronse as máquinas, tomáronse notas e obtivéronse novos progresos comparándose os resultados. En só un mes, todo estaba listo para o día en que recibiríamos os novos seres. O meu fillo disfrutaba paseando polas habitacións e os corredores; observando con curiosidade os procesos que tiñan lugar e, coma min, anotaba o que lle parecía máis interesante nun pequeno caderno.
>>Informei a todos os equipos de que a sala da que sairían os "NEO-CAT" estaría pechada ata que os científicos encargados das cápsulas de cría rematasen o seu traballo. Dixéranme que os novos individuos poderían tardar días, incluso semanas, en nacer. Non saberíamos o que estaba a suceder alí; a sala estaba insonorizada e prescindía de fiestras.
Dúas semanas despois, atopábame no meu despacho. Arredor do mediodía, despois de xantar, aconteceu o inimaxinable: soaron as alarmas de emerxencia. Estaba demasiado nervioso para pensar, así que simplemente me escondín debaixo do escritorio e chamei aos servizos de contención; dixéronme que chegarían en media hora. Entón decateime do máis importante: o meu fillo seguía alí fóra. Asustado, mirei pola miña fiestra.
>>Horror. O meu corazón deu un salto ao ver a escena angustiosa que se desenvolvía do outro lado. As criaturas resultantes eran completamente diferentes da aparencia desexada e posuían unha hostilidade ilimitada. Eran humanoides, non particularmente robustas, pero incriblemente fortes. As súas mandíbulas estaban compostas por dentes afiados como navallas, ideais para esgazar carne e pel. Devoraban sen piedade a todo o equipo. Escondínme de novo e seguín esperando. Os berros das almas inocentes son insufríbeis. Ninguén se esperaba un resultado tan catastrófico coma este, lamento profundamente todo o sucedido. Moito me temo que este é o meu adeus, Yugurat.
2/6/2559
>>A operación de eliminación dos Neo-Cat completouse. O meu rescate foi complicado, pero exitoso. O proxecto e o laboratorio están abandonados. O meu fillo está irrecoñecible, desfigurado, de aspecto vomitivo. Aínda choro incontrolablemente por el. A miña ambición levoume a un arrepentimento insoportable. Esta será a miña última carta, o meu último alento. Debo deixar este mundo.
—A quen atopou esta carta no meu despacho:
O meu arrepentimento, por inmenso que sexa, probablemente non foi suficiente para convencer ao Señor, quen non mostrou misericordia comigo. Actualmente, atópome vagando sen rumbo polas cavernas máis profundas e sinuosas do inferno, froito resultante da miña ambición.