Vida Virtual:
Sylmera
Ás veces a vida dá unha volta de maneira inesperada, dándoche o que sempre quixeches ou arrebatándoo de golpe, incluso a vida mesma. Sempre sentínnque o concepto de vida en si, non ten significado, nin sentido. Un conxunto de persoas encerradas nun lugar durante cen anos cunha soa escapatoria: a morte. Por moi miserable que poida parecer, non sempre fun así, houbo un momento no que tiven esperanza grazas a ella. Unha muller fermosa que sempre vestía uns vestido elegante e cun físico e personalidade que facían honra ó seu nome, Luz. Ela sempre parecía atenta e preocupada pola nosa relación e prosperidade. Un día tiven a valentía de presentala ó meu amigo Brais, aínda sabendo todo o que podería pasar. El foi moi considerado e amable, incluso preguntou polos seus gustos e presentoulle ós seus pais. Ó pouco tempo empecei a notar o seu repentino acercamentoe tamén algo novo na mirada de Brais, determinación, admiración e, por último, desexo. Un desexo desesperado e terriblemente apaixonado. O medo e a inseguridade apoderáronse de min. Non o miraba como un inimigo ou competidor, senón como un traidor, un sucio e ruín traidor. Ela non o rechazaba e nunca se apartaba, esperando ó seu seguinte paso, a se chegaba a algo máis. Eu, abraiado pola situación, decidín confrontalos xuntos. Brais foi de cara e, seguro da súa resposta, negouno todo, xurando que nunca podería facerme iso. Luz, por outro lado, empezou a chorar desconsoladamente e suplicarme polo meu perdón, dixo que non quixo que pasara iso nin que acabara así. Eu, abraiado pola situación, afasteime do bar ladeira abaixo ata a nosa casa. Empaquei todas as súas cousas e tirenas diante da porta cunha nota que dicía: “Recolle as túas cousas e vaite da miña vida.” Collín as chaves e fun camiñar.
Levaba xa 20 minutos cando encontrei a Brais. Puxen a man no seu ombro e xireino violentamente:
-Desculpe?-reaccionou desconcertado-.
-Oh...Perdoa, equivoqueime de persoa.-Disculpeime avergonzado-.
-Quen te trouxo ata min?
-Non… De verdade que foi unha equivocaci...-
-Viñeches pola nova vida, non?
-A nova vida? A que te refires?
-Sígueme.
Eu sen preguntarlle moito máis, decidín facerlle caso. Guioume por unha rúa moi estreita. Despois duns minutos, chegamos a un edificio antigo, con gretas por toda a fachada. Abriron a porta e parecía a entrada a unha nova dimensión, chea de ordenadores, luces e cousas que parecían de séculos luz. Á esquerda, nunha vitrina, un aparello estraño. Sen que me percatara, correron á miña casa a instalalo, non sabía como coñecía o lugar nin o meu nome, Óscar.
Cando cheguei. Conectáronme a un mundo novo, onde eu tiña a miña vida perfecta, descubrira que o meu amor de verdade non era Luz, senón Brais. Tiñamos unha vida xuntos, onde nos amamos. Pasei meses alí, ata que Héctor, o meu irmán, me desconectou. Corrín contra el, para acabar co que máis amaba, ó igual que fixo comigo, coa súa vida. Estaba a punto de cravar o coitelo no seu peito, cando entrou Brais pola porta buscándome. Coa perspectiva distrosionada abalanceime a el para sumirnos nun abrazo mentras me confesaba. El, asustado, fuxiu dicindo que me mantivese lonxe. E alí estaba eu, cunha vida nova, pero peor cá anterior, demostrado no cadáver que repousaba ó meu carón.