Skip to main content

Os pequenos criptozoólogos

Fefe

Lara e Mateo, dous irmáns afeccionados a criptozooloxía, unha tarde adentráronse nos bosques máis cercanos á súa vila. Ían falando sobre teorías de criaturas fantásticas, de súpeto atoparon no sendeiro unas pegadas enormes, o triplo de grande cás dun oso e cunha forma que non recoñecían. Seguíronas con coidado, e moito medo.
Chegaron a un val estreito e de pronto escoitaron un suspiro profundo, case humano. Entre os matos de plantas ergueuse unha figura enorme, cuberta dun pelo sucio, escuro, liso e curto. Os seus ollos amarelos fixéronse visibles antes có resto do corpo. Non era un animal calquera; era un Bigfoot! O xigante mirounos en silencio, sen agresividade, coma se estivese igual de sorprendido ca eles. Mateo retrocedeu, pero Lara avanzou valentemente. O Bigfoot inclinouse facendo un son e meteu un chimpo, desaparecendo entre a maleza rápidamente.
Os irmáns quedaron fascinados co que acababan de presenciar que poucos crerían. A partir dese día os paseos volvéronse diarios, para poder volver ver o seu gran descubrimento, o máis ben dito xigante.