Skip to main content

O REINO DOS NÚMEROS E DAS LETRAS

Inés Otero

Estaban todas as letras sentadas arredor da cheminea. Só faltaban o “x” e o “y”. Cando chegaron, ían con maletas, coma se foran marchar. Todos preguntábanlles que facían. Elas, seguras de sí mesmas, dixeron que os números ofrecéranlles un mellor traballo e polo tanto decidiron marchar.
As vogais estaban consternadas, preguntábanlle québvalor ían ter, xa que ao marchar do abecedario perderían o seu son. O “x” e o “y”, con calma, explicáronlle que agora ían a ter valor numérico, dende o menos infinito ata ao máis infinito, dependendo da ecuación do sistema ao que agora pertencían.
As letras iniciais e finais do abecedario choraban sen cesar. Entre bágoas, preguntáronlles se as ían poder ver. As dúas letras contestaron á vez que por suposto, que ata o mellor podíanlles dar algún traballo temporal, para que viran o que a súa nova vida ía conlevar. O alfabeto, entre choros, despediuse de dúas das súas letras, sen saber cando as ía volver ver.
Pasadas dúas semanas, as letras “a”, “b”, “c”, “l”, “m” ,”t” e “z” colleron as súas pertenzas e marcharon para ver as súas amigas. Ao chegar ao reino das matemáticas e dos números, correron ao encontro do “x” e do “y”, que as recibiron cunha forte aperta. Estas, ofrecéronse para acollelas na súa nova casa para así poder pasar máis tempo xuntas. As súas amigas non dubidaron nin un segundo a súa resposta e seguíronas.
O camiño durou apenas vinte minutos, tempo no que as letras visitantes quedaron namoradas das paisaxes que aquel descoñecido reino tiña. Casas con formas xeométricas, bancos con estrutura de fórmulas matemáticas… Un mundo totalmente distinto ao seu, o reino das letras e dos idiomas.
Pola noite, sentaron todas arredor da cheminea, como a última vez que se viran. A x e a y contáronlles todo o que viviran nestas últimas semáns: A súa chegada, como era o seu labor no reino… Tamén confesáronlles que polas noites sentían morriña da que fora durante anos a súa terra, pero que non se arrepentiran da súa decisión. Minutos despois cando as súas amigas perderon, debido ao soño, o seu son, deitáronse para poder aproveitar o día seguinte mellor.
Cando o sol asomou no reino das matemáticas e dos números, as nove letras marcharon para as oficinas oficiais do reino. As letras visitantes pensaban que só ían ver a x e a y traballar, pero sorprendéronse ao descubrir que ese día elas tamén tiña labores que realizar.
Á “z” e a “t” asignáronlles a tarea de sustituir a “x” e a “y” para volver as ecuacións máis sinxelas, o chamado cambio de variable. O “a”, “b” e c foron levados a zona da trigonometría para nomear os lados, os vértices, os ángulos… Mentres tanto o “m” e o “l” estaban na zona da xeometría, onde ó “m” empezárona a chamar pendente e o “l” lado dunha figura.
Todas as letras estaban pasándoo xenial, tanto que non se decataron de que tiñan que regresar ao seu fogar.
Pasou un mes e as letras que marcharan ao reino das matemáticas e dos números non regresaban. O resto do abecedario estaba moi preocupado polos seus compoñentes restantes. Unha noite na que o inglés e chino mandarín discutían sobre quen era o idioma máis falado, decidiron algo bastante tolo: Irían a ver porque aquelas 7 letras que marcharan aínda no regresaran.
A mañá seguinte, o que quedaba de abecedario no mundo das letras e os idiomas emprendou a súa expedición. O que ninguén sabía nin imaxinaba nese intre é que despois daquela viaxe o reino das letras e os idiomas e o mundo das matemáticas e dos números ían quedar unidos para sempre.