Skip to main content

CRIATURA

Isis

Nunha pequena vila, que só se a buscas por Internet saberías que existe, ninguén diría que podería pasar algo alí... verdade? Pois... hai un tempo, nesta pequena vila, desapareceron varias persoas e apareceron todas asasinadas da mesma forma. Só deixaron unha pista de ADN... os científicos, identificárona, pero só era ADN de animais... Que estaba a pasar? Ás últimas vítimas faltáballes a cabeza, e cando atopaban a seguinte vítima, tiña a cabeza da outra.

Agora, situémonos nuns nenos que se chaman Xoán, Ethan, Isis e Sandra. Dise que ás próximas vítimas llesh envían una carta e, ao parecer, Xoán era o seguinte. Estaba claro que non o ían permitir, así que idearon un plan: deixarían que o ladrón entrase e, cando estivera dentro, atraparíano. Demasiado fácil, verdade? Tan fácil, que nin o reconsideraron. Chegou o día.

Xoán, estaba sentado na cama finxindo durmir. O corazón batíalle tan forte que tiña medo de que se escoitase desde fóra. Ethan agachábase detrás da porta do armario, Isis estaba na cociña cun móbil na man preparada para chamar a policía, e Sandra observaba desde a ventá do salón.
Ás dúas e dez da madrugada, escoitouse a porta abrir.

— Entrou… — murmurou Sandra

Os pasos eran lentos, e o corazón dos nenos parecía que se saía do peito. O que cruzou o corredor non era un ladrón, era unha figura alta, deformada, cun corpo cuberto de peles diferentes e, entón, entenderon o do ADN. Non era dun animal calquera. Era dunha mestura imposible: lobo, corvo, can… e humano.
Xoán abriu os ollos xusto cando a criatura se inclinou sobre el.

— Ti es o seguinte — dixo cunha voz grave.

Ethan, saltou do armario berrando, Isis chamou á policía, e Sandra acendeu todas as luces. Durante un segundo pensaron que o seu plan funcionara, pero a criatura sorriu.

- Credes que me podedes vencer - riu a criatura – iso non vai a ser posible.

Arrincou a súa propia cabeza e lanzouna contra a parede.
Debaixo había outra.
E outra.
E outra máis.
Cada unha pertencera a alguén da vila.
Cando chegaron as sirenas, a casa estaba baleira. Sen rastro da criatura. Sen rastro de Xoán.
Só quedaba unha carta sobre a cama, escrita con sangue fresco:

“O xogo non rematou. Agora sodes vós os que me debedes buscar”.

E desde aquela noite, cando alguén busca esa vila no Internet, non aparece nada.