Ardentía
Lilestak
A súa contorna a 100 aumentos é imprecisa. Semellan pelotas marróns que xiran ás toas. Mais cunha ampliación de 400 amosan toda a súa beleza. Un deseño poliédrico, decoradas coma fachadas modernistas. Na Sagrada Familia, Gaudí procurou para as súas fiestras unha inspiración semellante.
As células están protexidas por unha coiraza. Semella unha armadura porque as súas pezas encaixan entre elas protexendo un corpo pentagonal, sen extremidades.
Tan vivas coma ti e mais eu.
Posúen unha cintura que as divide polo ecuador, cun flaxelo que bate rítmicamente a auga coma un cinto. Na sua metade inferior axitan outro co que impulsan o seu desprazamento cara adiante. O medio acuoso é para este dinoflaxelado tan denso coma o mel. Non é doado nadar cando eres tan diminuto así que combina o seu impulso frontal cunha rotación, coma un parafuso animado por unha man invisible.
Non produce sonidos, non pensa, non durme. Metabolismo 24/7 dunha fábrica que nunca pecha, organización exemplar afinada pola evolución. Aquí todo ten o seu ritmo. Circadiano por suposto. Absorbendo luz perante o día, renovando os pigmentos que lle permiten facer a fotosíntese, queimando enerxía no seu errar polo mar. Pola noite toca cambio de turno e aluméanse novas tarefas ¡literal!, xa que a luciferina comeza a escintilear coas vibracións e os abaneos das ondas ou dos predadores.
Previo á chegada do amencer as células duplican o seu contido xenético e fabrican novas estructuras que rematan coa división do Lingulaulax polyedra. Antes había un e agora temos dous. E mañán mais…moitos mais.
É inmortal e cun superpoder.
Soamente os predadores ou algún descalabro grave pode interrumpir o seu ciclo vital. De todas formas, a súa existencia non é coma a nosa. Baixo a luz do microscopio seica comportáse igual que se estivese entre as bateas na Ría de Ares e Betanzos, alí onde adoita producir mareas vermellas e mares de ardora na primavera e no verán.
Mais eles non saben de bateas nin mexillóns.
Levan aquí millóns de anos e aquí seguirán alumeando a noite coma faíscas azuis. Ardentía enfeitizante do escuro mar de Galicia.