Skip to main content

A CIENCIA A CARÓN DA CASA

Elena Varela Vázquez

Estou emocionada, imos recibir no laboratorio de alerxias, a visita do eminente veterinario especializado no estudo do impacto da velutina nos humáns.
Estiven indagando na súa biografía, logo de face-la carreira centrou a tese e investigacións nestes véspidos chegando a usar un crowdfunding para levalos a cabo e, logo de moitos atrancos chega a conseguilo.
Os lápices que usamos para determinar o grao de alerxia dunha persoa á picadura do becho alado en cuestión, sae dese proxecto, prodúceo e logo vai para Suecia onde fan os cups que leva o U1223... Cómo fará para obter o alerxeno? O mellor ten unha granxa de velutinas.... sería demasiado absurdo se lle fago esa pregunta quedaría coma unha parva... mellor escoitarei... Xeralmente pensamos que os descubrimentos importantes fanse lonxe, "xente doutra galaxia", pero este home da terra, de a carón da casa, apicultor de paixón, sinxelo é galego e neso debemos de pensar, quitarnos ese sambenito de vernos de menos, de estar orgullosos e orgullosas dos logros galegos.
Eu agora que vexo o U1223 doutro xeito, un trociño do talento vai ahí. Grazas apicultor veterinario porque a xente poida saber o perigo que son as picaduras destes insectos.