Qué é Inspiraciencia?

A creación literaria como forma de achegamento ao pensamento científico

Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica

É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar un achegamento ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da creación literaria, e explorar realidades antes non imaxinadas.

INSPIRACIENCIA

Modalidade única

Poderanse presentar relatos dunha extensión máxima de 800 palabras.

Cada participante pode presentar máis dun relato, e un máximo de catro, sempre que estes sean orixinais e estean escritos en linguas distintas.


Categorías

O concurso ten dúas categorías: adulto (a partir de 18 anos) e mozo (de 12 a 17 anos)
INSPIRACIENCIA

Linguas

Os relatos poden estar escritos en catalán, castelán, galego o éuscaro.

Literatura e Ciencia

Inspiraciencia non é só os relatos. Máis aló do concurso, organízanse charlas, talleres, exposicións, propostas para a aula, lecturas, etcétera para profundar nas variadísimas relacións e hibridaciones entre ciencia e literatura.