Preguntas – respostas.

‘Aquela pregunta foi unha das mais difíciles que me fixeron na vida’, non era unha dificultade intrínseca, nin tan sequera conceptual, inda que dende este punto de vista o interlocutor necesitaría uns mínimos coñecementos que neste caso non tiña. Para máis, a verba que sustentaba a enquisa, habitual e coñecida, permitía que calquera a fixera incrementado así a dificultade da contestación o ter que adaptala os coñecementos do inquisidor. Visto isto, mudarei a afirmación anterior: ‘foi unha das respostas mais dificultosas de escoller da miña vida’.

Nalgúns fins de semana durante a miña etapa universitaria, xuntábame cuns novos amigos e levabamos de paseo a rapaciños que sobrevivían, daquelas maneiras, nun orfanato. Coido que o resto da semana agardábannos e corrían ledos a nosa chegada colléndonos das mans e deste xeito comezar aquelas horas de liberdade e cariño para eles, e de humano aprendizaxe e descanso nos estudos para nós.

Se non me lembro mal, aquelas agradables xornadas comezaban ca chegada do bo tempo, ca primavera, e como consecuencia das temperaturas propias desa estación xurdiu a pregunta de marras.
Carlos con 5 ou 6 anos, o raparigo que ía comigo, levaba un xersei de la groso e roupa interior de inverno, claramente sobreabrigado mostraba unha leve conxestión, entón díxenlle:
_Carlos! ¿quítoche o xersei que vai calor.?
Un pequeno intervalo de tempo, una mirada del, e ...
_¿que é a calor?
Outro intre pequeno, outra mirada, esta vez miña, e ¡zas!, paralizado,
_(¿que lle digo?)

Por aqueles tempos estudaba Termodinámica, tiña os conceptos frescos e mantiña intacta a inquedanza polo saber, que sumado a xuventude, permitiume escoller unha resposta pasado o flash inicial e aquel bulebule de imaxes, ideas, ... , de coñecemento que rebuliu o meu cerebro.
Decidinme entón por unha explicación empírica das consecuencias da calor.
_Pois a calor é o que nos da o sol, por iso cando chega o verán gostamos de levar pouca roupa, ir a praia, e ... ¿sabes outra cousa?, ¡tomar xeados!, ¿gústanche os xeados?.
_¡Si!, ¡si!
_¿Queres un?
_Si quero, o de chocolate góstame.
_Pois avisa os teus compañeiros que imos tomar uns xeados.

Os rapaces tiñan variedade de idades e aproveitei aquela parada para que falaran entre eles do frío do xeado en contraposición a calor do día e deste xeito ampliar o saber e a perspectiva de Carliños e os outros nenos sobor do tema.

O término da xornada, o chegar a despedida, deducíase das caras de todos nos, maiores e pequenos, que o cansazo e tristura que mostraban eran o reflexo de que pasarámolo moi ben e que tiñamos que separarnos.
Carlos non era unha excepción e para miña satisfacción, daquela pregunta, da miña resposta, e da conversa co xeado algo quitou pois o despedirme díxome.
_Cando volvas, a ver si vai calor, pero non tanto coma hoxe, ou mellor si, para que me compres un xeado, que está frío, xa lle digo eu a coidadora que non me poña un xersei tan gordo.

Hoxe fun ver o meu pai, que xa maior e doente, coido de levar moitos días de paseo.
_Ola papá, imos dar unha volta que esta bo tempo e vai calor.
_¿que é a calor?
(
Igual co día do orfanato cantidade de cousas buliron polo meu cerebro, máis lentamente que naqueles xa lonxanos tempos, pero de xeito igualmente efectivo, lembreime do que me dixo meu pai cando lle contei o dos rapaces:
_Non son as preguntas e repostas complexas as mellores e máis difíciles de facer ou de contestar, as preguntas e repostas boas son as que se entenden.
_Pero iso depende de quen fai a pregunta e de quen se agarda a resposta.
_Por iso, as boas preguntas e repostas son as que se entenden. ¿entendes?
_¿Non?
_Pois iso, si quen fai a pregunta ten un descoñecemento total como Carliños, quen reponde será consciente de respostar algo que sexa entendible para quen non sabe pero seguro que quere saber, polo tanto a resposta está ben que leve unha pinga de misterio que avive a curiosidade, e no outro extremo si quen inquire sabe moito e quen resposta moito menos, a pregunta terá o máximo nivel que permita ó interlocutor comprendela, e polo tanto obter unha resposta.
_Pero de isto último, pódese aprender algo de quen sabe moito menos ca ti?
_Nin o imaxinas, ¿ti aprendiches algo de Carlños, inda que non fora dende a perspectiva termodinámica?.
_Creo que si,Grazas papi.
)
_Pois a calor é o que nos da o sol, ...
  • Hits: 101