Melanargia Occitania

A luz da mañá espertouno con cóxegas no nariz. André mirou de esguello pola fiestra de cristal que o illaba do frío. Premeu o interruptor e apagou a luz dunha pequena lámpada que sempre deixaba acesa pola noite por mor dos medos infantís. A mañá estendeuse onde mirara. Horas antes, a fotosíntese investiu nas árbores o proceso de captación de osíxeno polo de emisión. O sensor meteorolóxico marcoba vinte graos de temperatura e unha humidade do setenta por cento. Sentiu unha lixeira corrente, lembrou que onte á noite esquecera selar os respiradores de renovación do aire, pero a sensación era cómoda. Acendeu o visor de hologramas e as novas do día proxectáronse en tres dimensións en todas as salas. Estendeu os dous brazos e comezou unha serie de exercicios para relaxarse. Se sentía en boa forma apesares das próteses.
Instalou baixo o tocón tibial o KPG300 que lle fora implantado en CyborgSistems. Sabía que xa non se achegaría as marcas de antes do accidente pero, polo menos, podería retomar o seu adestramento. Aínda podía sentir o membro fantasma baixo o xeonllo.
O titanio do dispositivo a miúdo causáballe unha dor aguda que só diminuía con sesións de ioga e meditación no vello bosque. Apagou o holograma e un presentador humanoide, de aspecto falsamente feliz, desapareceu. Presionou o botón da cafeteira electrónica e un aroma inconfundible levouno a outra época na terraza do Majestic en Porto. Un sabor lixeiramente amargo invadiu o seu padal. Entón seleccionou a playlist "Nature", na sua plataforma musical preferida e o son das Estacions de Vivaldi afogóu calqueira outro sonido mecánico. Instintivamente tarareou cada nota da peza e coa man esquerda apuntoba a un imaxinario primeiro violín ao que lle esixía máis e máis entrega. Sorriu cando a música coincidía coas imaxes que lembraba de regatos e fervenzas. Activou o modo Total Sense en toda a casa e, en poucos segundos, as paredes e o chan de formigón pulido desapareceron. O seu pé orgánico entrou en contacto directo cun polímero fibroso e tivo a sensación de pisar herba recén cortada. Sobre a súa cabeza abriuse o teito amosando un ceo lixeiramente azul con nubes desorbitadas. Sentiu unha brisa fresca que entraba por todas as habitacións e o verdadeiro cheiro da primavera. Os chirridos das aves parecían emparellarse perfectamente coa música de Vivaldi. Ao lonxe escoitou a vertixinosa e imparable auga atravesando a canle que percorría toda a urbanización a través de ducias de muíños, movendo as súas rodas e poleas, convertidas en verdadeiras centrais eléctricas. Aquelo bastaba para alimentar a voracidade de centos de casas aliñadas con ese río artificial. Sempre pensou que aquela enerxía era moito máis poderosa que a clorofila, e os científicos, mais que todos os bosques do planeta. Era a pedra filosofal que convertera aos homes en deuses, en creadores dun mundo indestrutíbel.
Ao longo de varios quilómetros, producíronse escenas similares en todas as granxas, casas e fábricas da rexión, ata chegar ao impoñente encoro que contiña centos de millóns de metros cúbicos de auga, case que un mar fabuloso.
"A presa", -así a chamaban-, foi unha marabilla da enxeñaría de materiais, o cumio do coñecemento científico de séculos. Cambiou o curso de centos de ríos, modificou a orografía das montañas, inundou vales e despoboou cidades enteiras. Converteuse nun pequeno océano capaz de cambiar o tempo. O traballo, certamente, fora un esforzo colosal ao longo dos anos, e un investimento financeiro sen precedentes. Na xeración anterior planearan crear un mundo circular, autosuficiente, máis alá das leis da natureza, máis alá de Deus. "A presa" foi a proba do éxito da ciencia sobre a natureza.
Na mañá dese domingo tíñase programada unha choiva moderada de 11:30 a 00:45 e temperatura constante de vinte graos centígrados, polo que sorprendeulle unha repentina racha de vento que sacudiu o interior da casa bloqueando de súpeto o sistema "Total sense". O último que escoitou foi coma un ruxido afastado, e que medraba.
Poucos minutos antes, unha bolboreta Melanargia Occitania tomou o voo dunhas flores aínda húmidas de orballo. Coas patas molladas, a bolboreta pousouse nunha bobina espida que alimentaba o rotor principal de retención do xigantesco encoro provocando un curtocircuíto e a morte inmediata do insecto. Con todo, o rotor detívose repentinamente, freando o seu movemento de alivio. A tensión daquel pasou aos seus pares xemelgos, un tras outro ao longo da sección, interrompendo bruscamente a súa función. Pasados uns segundos, -sen electricidade capaz de levantar as portas-, a xigantesca presión dese mar preso abriu unha pequena fenda no formigón e apareceu unha poza de auga na parede.
Horas despois, cando o ciclo solar do día cumprira o seu horario natural, miles de árbores nas montañas comezaron unha secuencia de respiración inversa, expulsando CO2 e capturando un osíxeno que xa ninguén precisaba.

-FIN-

  • Hits: 69