O soño de Xoaquín

O soño de Xoaquín

Que tal Xoaquín? Que tal durmiches?- Moi ben!, - tiven un soño moi bonito estanoite.Ha, si! - conta, conta. Di Xosé.Pois resulta que a nosa aldea converteuse nun centro de investigación multidisciplinar.Carambo Xoaquín! - O teu soño promete. Segue, segue contando.Vou! - Na aldea investigábase sobre o almacenamento de enerxía potencial, estaba a barallarse a posibilidade de crear e utilizar un motor-xerador lineal, que mediante a elevación duns vagóns coa función motor, ata o pico da nosa serra, cando sobraba enerxía, e deixalos caer coafunción xerador activada, cando a liña demandaba máis potencia, retornando desta forma a enerxía que previamente almacenaran.
E que profesionais traballaban nesa investigación? - pregunta Xosé.Enxeñeiros de campo de varias especialidades, que traballaban desde aquí on- line coas súas casas matrices.Paréceme moi interesante o teu soño. E explícame un pouco máis iso que dis de que ás veces sobra e outras veces falta enerxía na rede eléctrica? - pregunta Xosé.Si, é moi sinxelo. Ou ti non escoitaches pola tele que o prezo da electricidade varíaen función da demanda? - di Xoaquín.Si que o escoitei si. - contesta Xosé.- Ben, explícocho entón.Resulta que che cobran a electricidade máis cara porque, para satisfacer a demanda en horas punta, teñen que poñer en marcha xeradores que utilizan fontes decombustible máis caras, e case sempre máis contaminantes. Por iso, é moi interesante implementar sistemas que poidan reaccionar a ises consumos máis
altos achegando a súa enerxía almacenada en momentos de consumos máis baixos, para protexer tanto ao planeta, como a nosa saúde e o noso bolsillo.Vale, entendido! - Polo que me explicaches paréceme unha gran idea traballar na investigación sobre novas enerxías alternativas, e se se fai nun sitio tan idílico como é a nosa aldea, e a súa contorna natural, seguro que os investigadores terán mellores ideas, debido a que non hai contaminación de ningún tipo, e a alimentación é máis natural, e esta contorna ademais de motivalos, mantenlles sans de corpo e mente.E teño mais sorpresas - Continua Xoaquín.Dime, dime amigo meu!, que me tes moi intrigado - Insiste Xosé. Alá vou, - segue Xoaquín.Acabouse o minifundio, as dúas centas ou máis leiriñas, que podía chegar a ter un
aldeán, xuntáronllas e agora cada un ten sóunha. E non houbo ningún problema por diferentes calidades de terreo, enxeñeiros agrícolas asesoráronos sobre que plantar en cada leira e cando facelo, para optimizar as colleitas.Ademais dispoñen de maquinaria cen por cen eléctrica para sementeira, o coidado e a recolección das súas colleitas.- Pero, consumirán moita enerxía eléctrica? - pregunta Xosé.- Non creas, son moi eficientes! Asegura Xoaquín.Ademais cos xeradores eólicos e hortos solares que se instalaron na serra, son completamente autosuficientes e aínda llessobra enerxía que venden á compañía eléctrica.- Ademais teñen tamén algunhas mini-centrais hidráulicas, que achegan tamén a súa produción de enerxía eléctrica.
- Vaia soño tan fabuloso, nótase o namorado que estás da túa terra e da ciencia amigo, moitísimas grazas por compartir o teu soño comigo, di Xosé parafinalizar.

Pseudónimo: Arroyo
  • Hits: 71