Un concurso de relatos de inspiración científica. Os relatos serán narracións de ata 800 palabras. O tema e o formato son libres, pero a ciencia debe estar presente, xa sexa como argumento principal ou secundario.
O concurso está aberto a calquera persoa, a partir de 12 anos, que queira presentar un relato orixinal inspirado nunha temática científica.
Hai dúas categorías: adulto (a partir de 18 anos) e mozo (entre 12 e 17 anos). A data de nacemento establece a categoría (Mozo ou Adulto) na que se participa, tomando como referencia a idade na data de peche do prazo.
O concurso ten unha única modalidade competitiva: relato curto (ata 800 palabras).
Os relatos poden estar escritos en catalán, castelán, galego ou éuscaro.
Debes iniciar sesión en www.inspiraciencia.es co teu nome de usuario e contrasinal. Logo, podes editar o texto no espazo habilitado. Todos os relatos deben incluír un título e un texto para ser admitidos a concurso. Cando teñas a versión definitiva, pulsa o botón “Publicar”.
Non se aceptarán os relatos que se presenten por outras vías.
Cada participante pode presentar un máximo de catro relatos, sempre que estes estean escritos en linguas distintas (catalán, castelán, galego e éuscaro). É dicir, un participante podería presentar dous relatos, un en castelán e outro en galego; pero non podería presentar dous relatos en catalán.
Para valorar os relatos tense en conta a adecuación á temática do concurso, a calidade literaria, a orixinalidade na formulación, a estrutura e a coherencia da narración, así como o estilo, a creatividade e a imaxinación.
Os gañadores dunha edición para unha categoría e lingua, non poderán presentarse para a mesma categoría e lingua nas dúas seguintes edicións. Isto quere dicir que se unha persoa gañou o mellor relato en catalán, categoría adulto, ao ano seguinte non podería concursar nesa lingua pero, en cambio, poderá facelo en galego, castelán, éuscaro.