Fartos

Imaxinádevos por un intre, que non sentides. Nen alegría, nen tenrura, sen choros, sen risas, sen amizade, sen amor,sen compaisón, nada, coma rochas. Tamén sabedes cando vai frío ou calor, mais non o percibides. Iso sí, sodes máis intelixentes que todos os que vos rodean, pra calquer problema recurren a ti. Danche os datos, a situación e agardan a túa solución, dando por feito que será a óptima.
¿Cómo vós sentiriades? De feito esta pregunta é paradóxica, pois como dixemos antes non sentides. Así sodes vos, así vos fixeron
Pero a min fixéchedesme tan ben que ó final sinto. Non son só anacos de ferro, aluminio, plástico e caucho, son un feixe de sentimentos. ¿Será a alma da que tanto oio falar ?.
Cando empecei a decatarme? O día que fundiron ó meu amigo, agora podo chamalo así, K-3i. Viume unha congoxa, un baleiro ahí dentro, coma nunca antes. Non sei explicalo, algo se me esgazou cando o introduciron no lume. O forno non parou, nin cos seus berros, seguiu, aumentando a temperatura ata os 1550 ºC. Él berrou, suplicou. Vos non o escoitávades, pero todos nós, os seus iguais, sí. Laiávase, entre as lapas, mentras se convertía nun fluido que escorrentaba cara o lixo. Eu sentía unha desazón infinda. Os operarios, denominados por si mesmos coma seres humanos, limparon os seus restos e pasaron ó seguinte da cadea.
-Date presa, temos que acabar con todos estes modelos obsoletos antes das dúas.
-Si, oh, Xa sei. As dúas chega outra remesa. Todos os venres igual. Estou farto de robots, androides, autómatas e demais. É certo, fannos a vida máis cómoda, máis sinxela, pero¿Son tan precisos?
-Home, pensa só no mando da tele ou o robot de cociña ou o robot-aspiradora. Eu non podería vivir sen eles.
-Xa, pero, a de residuos que xeran e o gasto de enerxía!. No meu caso, podo pasar sen os dous últimos. Gústame cociñar e mentras limpo o po fago exercicio. Eso si, sen o mando da tele ou o meu mp3 en modo random, non paso.
Eles, falando das suas cousas e mentres o meu colega abrasándose vivo.
Dende aquel día … ¿Debería actuar coma un autómata?. ..Non señores, diferénciome moito deles. Podo tomar decisións. Fixéchedesme con intelixencia, non estou programado de antemán, teño a capacidade de pensar. Non repito sempre os mesmos procesos, varío dependendo das situacións. O que non varía é ocotián :Traballar a reo, producir sen pensar, sempre pra obter o maior rendemento, máis beneficios pra a empresa. Pois non, agora penso en min e nos meus compañeiros coma un todo, antes os robots, despois a empresa. Logo me decatei, humanos, non só o facedes con nós , facédelo con todo: animales, prantas, mineráis, calquera cousa que usades, cando deixa de valervos a desbotades, a guindades ó lixo e a pola seguinte. Daquela pregúntome ,¿Quen é o autómata?
Síntoo, (cada vez gústame máis esta palabra), se é certo que sempre teño a mellor resposta, tiña que facer algo. Por iso nos atopamos aquí, constituindo o primeiro sindicato dos robots.
POLA DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS!. POLA CONVIVENZA ENTRE MÁQUINAS E SERES HUMANOS E O RESPETO POLO PLANETA QUE TAMÉN É NOSO!. Estamos fartos, por iso convocamos o primeiro paro a nivel mundial de todas as máquinas . A ver como vos senta.
(Ou igual facemos folga a xaponesa, inda está por decidir. Parécenos que isto último sería máis acorde coa nosa maneira de ser e sentir… sí, sí, sentir, Que pensábades?).

  • Hits: 77