Skip to main content

Vencer

Non podía ser verdade. Ela quería estar alí dende que era unha rapaza, mais non sabía que ía ter os nervios que tiña. Tremíanlle as pernas e todo estaba a punto de comezar, por fin ía revelar a realidade que lle había sido oculta ao pobo. Dende que comezara a traballar no CERN xa sabía que tiña un futuro prometedor. Ao principio dixéronlle que a onde ía se era unha muller, que ese sitio estaba cheo de homes, que as ciencias non son para rapazas e menos inda para unha galega. Isto último era porque Sara quería levar o galego ate a ciencia, por que non se dan as ciencias en galego? Realmente é moi inxusto para o pobo, pero, volvendo a Sara, estaba a escasos minutos de triunfar sen sabelo.

Comezaba o acto, tres millóns de persoas de distintos lugares do mundo foron ao Gaiás só para escoitala a ela, a Sara Méndez.

-Paréceme impresionante haber difundido a ciencia, pero inda mais sabendo que mais da metade das persoas de aquí prodecedes de entre países nórdicos ata os que engloba a nosa querida lusofonía. Ben sabedes que no CERN, descubrín que os protóns estaban divididos en duas partes: a codia externa magnética e o núcleo con carga positiva. A codia encárgase de apegar tódolos protóns ao núcleo, mentres que por dentro hai unhas pequenas boliñas que se unifican nunha soa que forman un núcleo que contén a enerxía. Pero hoxe non veño falar diso, veño falar do medo, de vencer a esa sombra. Antes de chegar a Suíza o medo consumiu o meu corpo, pode que polas críticas de: as ciencias non son de mulleres. Pero o caso foi que o espantei. Derroteino. Como? Pois centreime en que tiña coñecementos e gustábame investigar metida nese marabilloso lugar, onde atopei amigos e amigas que están a desenvolver proxectos que o van cambiar moito o mundo coma Raúl Conde e Nerea Ramos, veciños de Ourense e Lugo. E para ir rematando, quero agradecervos o feito de vir aquí, a esta feira da ciencia que organicei coa axuda de outras grandes amigas da CERN, a parte de Raúl e Nerea, tamén axudaron Carme Vidal e Xoan Mira. Moitas grazas e longa vida á ciencia feminina!

E ao baixar recibindo eses aplausos decatouse de que venceu aquel medo de novo, ese que nunca se fora e que nunca se vai ir, só diminúe.
  • Visto: 94