Eva: humanoide de compañía.

Iria era unha bolseira do departamento de robótica da Universidade de Santiago de Compostela, que vivía en Lugo coa súa nai Carme. Con só dezanove anos tiña unha afección polos aparellos electrónicos que lle levou a ter o mellor expediente da súa promoción e a mencionada bolsa, na que estaba mergullada traballando nun sistema de intelixencia artificial. Ao mesmo tempo aplicaba estes coñecementos para crear, pola súa conta, un asistente persoal para que lle servise de compañeiro ao longo da súa vida.
Na primeira tempada entrenou no sistema proporcionándolle as respostas axeitadas a preguntas posibles que lle fixeran nun futuro ao sistema. Iria pretendía que o sistema soubera tanto sobre ela coma os seus familiares e amigos, tanto sobre datos concretos como sobre gustos e intereses. Cuns sensores, o sistema coñecía o estado anímico de Iria. Nun mes de traballo o sistema, ao que chamaba Eva, xa coñecía a Iria moi ben. Cando lle facía preguntas sobre acontecementos pasados acontecidos durante ese mes, Eva respondía con precisión sobre data, interés e satisfacción de Iria sobre ese evento. Posteriormente, tamén lle introduciu datos de acontecementos pasados (data de nacemento, datos de familiares e mellores amigos,…), inda que destes os datos de interés e satisfacción non foron captados polos sensores, senón aportados por Iria.
Un tempo despois, Iria pretendía que Eva dese a súa opinión sobre decisións que debería tomar ela, para ter unha versión máis obxectiva cando ela estaba confusa. Así, por exemplo Iria preguntoulle qué debería agasallarlle a súa nai polo seu aniversario porque non tiña nin idea. Eva respondeulle que unha aspiradora robotizada e atinou. A nai de Iria estaba encantada co artiluxio. Polo tanto, o interese de Iria pola robótica estaba tamén nos xens maternos. O tempo pasaba e Eva adquiría máis competencias. Así, era capaz de abrir a porta do cuarto de Iria se detectaba que o que estaba porta era benvido. Tamén poñía música ambiente axeitada ao que estaba a facer Iria en función da concentración ou descanso que precisaba. Recomendáballe a Iria ir dar un paseo cando non acadaba os 8000 pasos diarios e durmir se o descanso nocturno non fora abondo. Se Iria estaba estresada Eva avisábaa para que tivera coidado co que dicía ou facía. En resumo, estes son algún exemplos das tarefas que Eva facía, que facían que fora un asistente personal bastante envexable.
As habilidades de Eva melloraron cando Iria esguinzou un xeonllo. Eva era capaz de medir o nivel de dor e polo tanto a dose de fármaco que Iria debía tomar para atoparse ben. Eva acadou mobilidade cunha cinta semellante a unha roda alongada que lle permitía avanzar ou recuar. Tamén aprendeu a coller cousas ata certa altura e achegarllas a Iria, evitando que a rapaza tivera que erguerse. Ademais, Eva aprendeu a ler e adquiriu voz, que lle permitía comunicarse de xeito máis humano co resto de persoas.
O seguinte reto de Iria foi facer que Eva fose máis semellante a un humano, convertela en humanoide, con cabeza con ollos expresivos e beizos que se movesen ao falar. Ademais cambiou o seu sistema de mobilidade por dúas pernas e dous brazos con proporcións humanas. A última misión de Eva era facer certas tarefas domésticas (varrer, limpar a mesa, poner a lavadora, abrir latas, facer as camas, lavar a louza,…) e que Carme soubese a opinión ou algún dato de Iria cando ela non estivera na casa, sen ter que enviarlle un Whatsapp. É dicir, facerlle compañía a súa nai e evitar que cando Iria estivese menos tempo na casa a botase de menos. En resumo, para que Carme tivese á súa filla presente na casa en calquera intre.
  • Visto: 103