Universo

“É unha sensación terrible que non lle recomendo a ninguén. Sentir como ese fluído, porque non ten outro nome, vaise expandindo aos pouco polo meu sistema circulatorio impregnándoo, resulta completamente noxento.
Agardamos con paciencia a que rematase de facer efecto sentadas nas cadeiras do laboratorio.
A verdade é que estou emocionada, un pouco triste tamén, pero, sobre todo, emocionada. Para rematar de boa maneira, invitárannos a unha festa nun dos recintos habilitados do centro, onde a temática sempre é anatómica, polo que tomamos a decisión de rematar ao grande e ser as divas da festa mostrando todo o noso sistema circulatorio nunha fantástica cor verde neon.
Xa se notan todos os capilares baixo a nosa pel de cor marfil, así que nos levantamos e saímos por última vez da nosa casa. Soas, só cinco saznevref, as únicas que quedamos. Compadezo ás razas das que aínda quedan moitos individuos e que van ter que despedirse antes de que todo remate.
Unha vez en Ameterb, o planeta máis central, mesturámonos na festa. Revolvéuseme o estómago ao ver o gran contador que preside a despedida. Deume vertixe ver cantos planetas desaparecían por minuto co encollemento do universo; acaba de desaparecer Recnema. Só quedan seis horas para que chegue ata nós e todo estoupe dando paso a...”
―Basta! Xa non o aturo máis! Como historiador galáctico négome a que na miña casa se vexa unha serie chea de inexactitudes sobre un acontecemento tan importante como foi o Primeiro Repregamento Universal! Todos os planetas que acaba de mencionar xa foran engulidos antes do último día, quedaban máis de cinco saznevref por aquel entón e non se puxo de moda pigmentarse o sistema circulatorio ata doce anos despois da Primeira Expansión Universal, e...
―Que si, que si! So intenta ensinar un pouco da época PRU-PEU aos máis novos...
― Dáme igual. É espantosa esa serie! É tan mala que case prefiro ver o reality-show da Terra. Prefiro ver como se auto-destruíron hai séculos uns alieníxenas que ver esta bazofia!
  • Visites: 134

ESCOLA D'ESCRIPTURA

EUSKAL ETXEA

AEELG

EDITORIAL GALAXIA

METODE

INVESTIGACIÓN Y CIENCIA

EL HUYAR

AELC

BIBLIOTEQUES DE BARCELONA

ESCUELA DE ESCRITORES

ESCUELA DE ESCRITORES

IDATZEN