Unha diminuta gota de auga

Son unha diminuta, minúscula gotiña de auga. Non sei moi ben onde nacín. A
miña primeira lembranza é a de estar nun lugar moi suave, coma se fose de
algodón. Estaba moi a gusto arroupada por milleiros de gotas coma min.
Sentíame moi tranquila, cando de súpeto empecei a caer a unha gran
velocidade dende unha gran altura. Despois duns eternos e desagradables
segundos, caín nun fermoso prado. O máis raro é que non sentí ningunha dor ao
impactar contra o chan. Ao contario, a sensación foi moi agradable: caín sobre
algo brandiño e fresco que desprendía un rico arrecendo.
Ao cabo duns minutos sentín como a terra me absorvía e adentrábame nela.
Seguía baixando e todo estaba moi escuro. Non sabía que estaba pasando, tiña
medo! De súpeto, volvín caer, pero nesta ocasión foi nun lugar que estaba cheo
de gotiñas coma min. Fíxenme amiga dalgunhas delas que me contaron que
estábamos nun río subterráneo. Eu quedei impactada! Tamén me dixeron que
todo o que me ocorrera era normal e formaba parte dun ciclo. Primeiro caías
dunha nube, despois aterrabas nun lugar onde a terra te absorvía e te levaba
cara augas subterráneas, logo...Antes de que rematasen a explicación, unha
desagradable luz alumeou todo. Cando esta luz cesou estaba nun lugar inmenso,
ateigado de infinitas gotas. No horizonte non se observaba nada, só auga.
Auga por todas partes! Tamén perdera as miñas amigas. Quería falar con
outras gotas pero non me facían caso.
Pasaron os días e non ocorría nada; era todo moi aburrido. Só sentía que cada
vez estaba máis quente e pesaba menos, ata que chegou un punto no que me
elevei cara o ceo. Estaba superfeliz, podía voar! Xunto con outras gotas
formamos unha nube parecida a aquela que eu lembraba dos meus primeiros
instantes de vida.
As gotas coas que falara tiñan razón. Todo formaba parte dun ciclo que se
repetía unha e outra vez. Empecei a viaxar! Cada vez aterraba nun lugar
diferente: unha vez nunha gran cidade, outra nunha fermosa carballeira e
incluso nun deserto. Milleiros de lugares, sempre diferentes! Pero o mellor era
cando chegaba o inverno. De tanto frío que facía convertíame nunha folerpa de
neve, caendo moi lentamente o que me permitía observar a incríbel paisaxe
nevada e o gran sorriso que se debuxaba na cara dos nenos cando me vían.
Aínda que tiña frío valía a pena. Non se pode explicar con palabras o que sentía
meses momentos.

Cada día era una nova aventura!
  • Visites: 103

ESCOLA D'ESCRIPTURA

EUSKAL ETXEA

AEELG

EDITORIAL GALAXIA

METODE

INVESTIGACIÓN Y CIENCIA

EL HUYAR

AELC

BIBLIOTEQUES DE BARCELONA

ESCUELA DE ESCRITORES

ESCUELA DE ESCRITORES

IDATZEN