Sabedes se hai vida noutro planeta?

Dende pequena fascinábanme todos os descubrimentos dos grandes científicos por iso o meu maior desexo era ser coma eles e descubrir moitas cousas...
Unha noite, mirando o ceo, fíxenme unhas preguntas: Haberá vida noutro planeta, galaxia ou universo? Como sería a vida alí..? De repente algo iluminoume! Iso era, para descubrir teño que observar e experimentar! Dende alí empecei, e probei algo sencillo como desarmar obxectos simples para estudar o seu interior. Máis tarde comecei a observar todo o que me rodeaba: dende o máis simple -como as plantas- ata pequenas bacterias co microscopio ou o gran espazo exterior co telescopio...
Logo comecei a experimentar cousas de todo tipo. Ao principio facía experimentos sen perigo e con cousas da cociña pero un día aburrinme diso porque o que eu quería eran experimentos alucinantes cos que se poida crear algo incrible... Desarmar, estudar e observar empezou a formar parte da miña rutina, esforzábame moito para conseguir novos descubrimentos pero parecía que todo o esforzo non servía.
Uns días despois encontreime cun sabio señor que me preguntou cara onde me dirixía e para qué, ao que eu respondín:
- Vou á praia para reflexionar un pouco. Necesito descubrir algo interesante pero non o consigo, dá igual canto me esforce pero non consigo descubrir nada.
O señor respondeu cun sorriso: Ten paciencia!
Este home parecíame demasiado misterioso -o que era moi inquietante para min- aínda que lle fixen caso. Fun moi paciente... Ata que xa estaba FARTA! Non conseguía nada, era como perder o tempo en algo inútil, pero decidín darlle unha última oportunidade. Esperei á noite e preparei o telescopio porque tiña o presentimento de que algo bo ía suceder.
Chegou a noite, mirei polo telescopio e vin algo impresionante e á vez inquietante. Era a palabra VIDA... gravada na superficie dun planeta de moitas cores: azul, rosa, violeta, amarelo... Iso é! Existe vida noutros planetas e aínda por riba tamén fala o noso idioma. Propuxen mantelo en segredo ata verificalo de todo. Pasei meses elaborando e completando o plan, que consistía en realizar unha viaxe ao espazo nunha máquina teletrasportadora que conseguín fabricar grazas aos meus coñecementos. E para verificar que funcionaba correctamente usei libros, froita... E si, funcionaba mellor que nada. Só quedaba o último paso para completar o meu plan: comprei un traxe espacial e teletransporteime ata ese curioso planeta. Cando por fin cheguei... Era perfecto! Todo alí era máis moderno que na Terra, con alta tecnoloxía...
Máis tarde pregunteime: E os seres que viven aquí? Dende que cheguei non vin ningún ser. Acaso son moi pequenos, invisibles ou estraños? Pero a resposta a todas esas preguntas era que non… Entón... Que será? Non tardei moito ata darme conta de que era un mundo fantástico combinado con alta tecnoloxía, e os seres que vivían alí eran seres fantásticos, é dicir, dende os animais unicornios, os dragóns e mesmo os deuses. Todo parecía perfecto, pero sempre hai algo fastidioso, pois alí tamén había deuses, animais e seres moi malvados. Os malvados eran demasiado fortes, por iso ese planeta separábase en dúas partes: o ben e o mal. Nese ano estaban en plena guerra por iso os do equipo do ben puxeron o sinal de vida para pedir axuda sen que os malvados se desen conta. Despois diso volvín á Terra para anunciar o alucinante descubrimento e pedir axuda. Conseguín reunir un grupo de persoas fortes e áxiles, equipados con espadas e protección para ir ao outro planeta e loitar contra os seres malvados . Antes, avisei de que era moi perigoso e podían perder a vida xa que os opoñentes eran moi poderosos. Ao chegar ao planeta fantástico, os bos alegráronse moito xa que estaba a punto de comezar a batalla.
3, 2, 1 XAAA! A loitar! BOOOM! PLAS! BAM! AXUDAAAA! NOOOO! KAPOOM! CLAAASSS! ...
A miña meta xa se cumpriu. Aínda que esa guerra é e será interminable porque ninguén sabe que ocorreu ao final...
  • Visites: 132

ESCOLA D'ESCRIPTURA

EUSKAL ETXEA

AEELG

EDITORIAL GALAXIA

METODE

INVESTIGACIÓN Y CIENCIA

EL HUYAR

AELC

BIBLIOTEQUES DE BARCELONA

ESCUELA DE ESCRITORES

ESCUELA DE ESCRITORES

IDATZEN