1955 GRANDES ACONTECEMENTOS

Veu a luz pra aldea,
non están todos contentos?
Para estar todos contentos...
Era coma ti dicías,
empezando en Bastían
formando categorías.

Empezou a propaganda a esto do mes de maio,
teredes dous transformadores para ser bo alumbrado!

No agosto máis tardar.
Os cartos señor cura!
Tira co candil do gas
que no setembro
xa alumbrará.

Empezaron os quioscos e non houberon acabar.
Furados de norte a sur que fan parecer un palomar.

Explotaron as montañas,
aerolitos apareceron,
aerolitos se nos quedaron!

Que tal cousa nunca víramos ,
todos apostiados quedamos!

A condición que puxeron foi; os levaría o banco.
A cousa non é dun solo, a cousa
e tiña que ser de catro.
Os catro que el, elixía
non eran calquera.
Xente tiñan que ter interese,
e non ser insolventes.

O non ir os catro o banco
...
Xa sei polo que pasou.
En vez de dous
puxo un solo,
porque non lle resultou.

Si e de que morro Señor (cura),
xa heredan os sobriños.
A la vai a "estalación"
Quedan sen luz os veciños!

Debe se cousa de bruxa
ou me "enjañaron"a min.
Dou volta o camellón!
Os paus quedaron en Abuín.

O final nada chegou. A xente
seguía cos fachos de frente.

Eu ainda non vira iso da luz disque fai funcionar caixas pra ver o que acontece no lonxe. Fai funcionar aparellos incribles díxonos o profesor: Dunhas rodas que lavan a roupa sen facer esforzo, de unhas vocas que votanche o alento coma un vendaval en segundos secano todo.
Esoitei tamen dunha abella que pon o aguillón nas pedrás e deixate escoitar as voces dos vivos e os mortos.
O enxeñeiro trouxo unha cousa singular de aló do mar, da America. E enxeñeiro quedou co maestro ensinoulle a toda a aldea estabamos todos intrigados, nunca viramos tal cousa cunha manivela fixo que un foco, coma lle chamaban, dera luz da nada sen mecha sen lume sen carburo. Era incrible. Cegou a luz a aldea!
  • Visites: 112

ESCOLA D'ESCRIPTURA

EUSKAL ETXEA

AEELG

EDITORIAL GALAXIA

METODE

INVESTIGACIÓN Y CIENCIA

EL HUYAR

AELC

BIBLIOTEQUES DE BARCELONA

ESCUELA DE ESCRITORES

ESCUELA DE ESCRITORES

IDATZEN