Próxima b

Eu son Zeltia, unha moza de 27 anos nada na Costa da Morte no ano 2203. A miña familia sempre tivo bastantes cartos e grazas a iso puiden estudar bioloxía nunha das universidades máis prestixiosas do mundo. A miña avoa e o meu avó morreron o mesmo ano no que eu nacín, con 55 e 53 anos respectivamente, polo que non os puiden coñecer, segundo miña nai a miña avoa sempre se viu atraída pola ciencia, sobre todo pola bioloxía, ela quería atopar unha solución a todo o que estaba a pasar, e iso que non viu o peor, o que está a pasar agora faría morrer do susto; a idade á que morreron, a min, paréceme unha barbaridade, porque a maioría da xente actualmente non chega nin aos corenta, pero miña nai contoume que segundo lle dixo a súa avoa, antes a esperanza de vida cada vez era maior, non sei o que puido pasar para que se producira semellante cambio, ou, en realidade, si que o sei.
Eu traballaba no CSIC, ata que pasou o que pasou, e creo que xa vai sendo hora de que conte a nosa situación actual.
Cando a miña avoa aínda vivía o problema máis grande era o quentamento global, este provocou a desaparición de moitísimas especies e a aparición de moitas enfermidades mortais para os humanos, ao ser tantas, tan raras e ca habilidade de mutar constantemente foi imposible atopar unha cura ou vacina para todas, polo que moita xente morreu a causa disto. Este era un problema moi grave que pensando na capacidade de afrontamento dos gobernos poderían chegar a sobrevivir uns poucos se non se producise aquela explosión.
Fai unha semana o colisionador de partículas do CERN, en Suíza, estoupou, aínda non se sabe moi ben que é o que puido pasar, pero pasou e agora a radiación vai converter a Terra nun planeta inhabitable. Desde fai xa case 200 anos descubriuse un planeta coas mesmas características ca o noso non moi lonxe da Terra, o seu nome é Próxima b e atópase xirando ao redor da estrela Próxima Centauri. Dende fai un século leváronse a cabo misións a este planeta para saber se era habitable ou polo menos facelo, ao final conseguiron que as plantas fixesen a fotosíntese, isto ao paso deses anos converteu o planeta nun espazo habitable, que xa contaba con osíxeno propio e unha capa de ozono mellor que a nosa nestes días. Os gobernos sabían que á Terra non lle quedaba moito e por iso decidiron construír unhas naves espaciais para chegar a Próxima b, onde as condicións para a vida xa eran aceptables.
Lin fai algúns anos un libro no que a Terra se volvía inhabitable por causa da radiación e tiveran que ir a vivir nunha nave espacial ata que todo volvese a estar ben, eu pensaba que iso non ía a ocorrer nunca, pero ao final tiven que intentar comprar unha entrada para poder ir no Atlas SP, este despexou antonte para que a radiación non chegase a España antes de despegar. A algúns países foilles imposible aproveitar os seus Atlas, por exemplo, Suíza, Luxemburgo ou boa parte de Francia e Alemaña quedaron somerxidos nunha radiación imposible de soportar para calquera ser vivo.
A min foime imposible atopar sitio no Atlas do noso país, e non permitían pasaxeiros estranxeiros polo que non me quedou outro remedio que ir ao sitio máis lonxano de Suíza e esperar que a radiación non chegase a alí.
Os avións non circulaban polo ceo, pero, por sorte, coñezo a un piloto que tampouco puido embarcar no Atlas, el tiña acceso a avións polo que xuntamos a algúns amigos e decidimos probar sorte indo a Nova Zelandia.
Dez anos máis tarde démonos de conta de que a radiación soamente cubrira Europa, o resto do planeta seguía sendo habitable, e mesmo máis do que o era antes. Eu non o souben, pero nese momento comezou unha era no que coidar do planeta era a principal misión de todo o mundo, grazas a isto a tecnoloxía medrou un pouco máis lentamente, pero cumpría uns réximes ecolóxicos impensables facía uns centos de anos. Ademáis toda nova invención era sometida a unha investigación exhaustiva para ver canto dano podería causar ao planeta.
Así mesmo ninguén soubo nunca que todas as naves fracasaran no seu intento de chegar a Próxima b. Isto ocorreu porque a xente que organizara esta viaxe e fabricara as naves non contaba con que estiveran sobrecargadas de xente, e ademáis o alimento non fora o suficiente para tantas persoas e sobretodo nunha viaxe tan longa.
Debemos coidar o planeta porque pode haber moitos habitables, pero o caso é se logramos chegar a eles, o planeta “B” non existe por iso debemos coidar do “A”.
  • Visites: 157

ESCOLA D'ESCRIPTURA

EUSKAL ETXEA

AEELG

EDITORIAL GALAXIA

METODE

INVESTIGACIÓN Y CIENCIA

EL HUYAR

AELC

BIBLIOTEQUES DE BARCELONA

ESCUELA DE ESCRITORES

ESCUELA DE ESCRITORES

IDATZEN