Coamariña, unha vila moi inusual

Coamariña era unha vila cristiá que vivía cos mesmos costumes dende principios do século XX, a pesar de que estaban no ano 1980. Era unha comunidade moi cerrada ao noroeste de España: a maioría dos homes dedicábanse á gandeiría, á agricultura ou ó comercio, aínda que tamén á política, e as mulleres eran amas de casa, é dicir, limpaban o seu fogar, cociñaban, cosían... mais algunhas dedicábanse á ensinanza ou axudaban aos homes no campo, empezaba a haber unha pouca igualdade. Íase á igrexa todos os domingos se querías ser ben recibido nese lugar e por defecto a homosexualidade, as mulleres solteiras que quedaban embarazadas, as que vestían pantalóns, a xente negra… e outros temas “desprezables e inimaxinables” nesa época, non eran ben vistos.

Un día chegou unha familia, unha familia que causou moitos problemas, que desenterrou cousas tabús para esa vila sen eles darse conta. Eses eran: Carlos García, Manuela Ferro e os seus fillos Uxía e Roi. A simple vista encaixaban perfectamente en Coamariña, ían ben vestidos; as mulleres con vestidos longos, co pelo recollido (pois as dúas tiñan suficiente idade para levalo), eran católicos, brancos... Mais eles non eran así, aprenderan os seus costumes para poder vivir entre eles sen ser xulgados. O matrimonio traballaba para unha empresa na que pretendían vender a todos os lugares de España posibles o novo produto de moda: unha pastilla do mexicano Luis Miramontes, o austrohúngaro Carl Djerassi e George Rosenkranz, a Píldora, e esta vila era un reto que eles querían conseguir.
A familia García-Ferro chegou un venres pola mañá para acomodar todo e así o domingo ir a misa. Tiñan planeado esperar unhas semanas para que se acostumaran á súa presenza e despois lentamente intentar convencer aos veciños de que a píldora é un medicamento que lles faría a vida máis fácil.

Chegou o domingo e con el a misa, a familia ía moi ben preparada, tiñan dous obxectivos claros: socializar e causar moi boa impresión, e ían convencidos de logralo. Dito e feito, a eucaristía foi perfecta, o matrimonio caeulle moi ben ás persoas do lugar e sobre todo a quen máis querían achegarse, á familia con maior influencia no lugar: Xurxo Coello, o alcalde, e os seus. Os dous rapaces tamén conseguiron acercarse a esa familia, concretamente aos dous fillos: Arón e Marisa, conxeniaron marabillosamente. As seguintes semanas foron sen ningún problema e Carlos pensou que era o momento perfecto para que o plan de vendas comezara a funcionar, mais iso non puido ser posible pois nunha tarde na que a súa muller foi ao mercado volveu cunha cara de horror que o alarmou enseguida:

-Todos, reunión na salita XA! -o berro de Manuela foi tan forte que a ninguén se lle ocurriu facela esperar. Cando todos estiveron reunidos na sala, Manuela soltou a bomba- Enteráronse. Xurxo Coello e a súa familia sábeno.

Que tan malo pode ser iso? Estáballes preguntando, pois nunha vila como Coamariña é terrible pero eles iso non o sabían, xa que esa comunidade gardaba un segredo que eles mesmos co produto que querían vender acababan de desenterrar.

Segundo internet as hormonas femininas e toda a base para inventar completamente a píldora non se descubriu ata os anos trinta pero iso non é todo verdade.
Hai 64 anos:
Era o nove de decembro de 1916 cando foron as seleccións de Coamariña e quedou como alcalde Fernando Roberto Coello, un mozo científico moi famoso no lugar pola súa bondade, mais iso só era unha tapadeira para conseguir chegar á alcaldía e poñer en práctica o novo produto que previña o embarazo aínda que tiveses relacións sexuais. El non dispoñía de persoas con quen probar se o medicamento funcionaba e non podía raptarlas, por iso contratou 50 militares para facerse pasar por policías e marchou para Coamariña para comprobalo.

Ó facerse alcalde todo cambiou, mandou traer a todas as mulleres da vila e empezou a probar con elas como se foran coelliñas de indias. Isto prexudicou a saúde de moitas delas, causándolles diferentes enfermidades ou deixándoas estériles. O produto non funcionaba pero Roberto non se rendeu, seguiu probando e probando e ata chegou a matar a algunhas. O alcalde deixou a alcaldía no ano 1967 con 71 anos, e relevou o posto o seu fillo.

Este é o segredo que tanto gardaba Coamariña e ninguén quería destapalo, pero cando Carlos García e Manuela Ferro empezaran a intentar vender a píldora todo o mundo alteraríase e o alcalde Xurso saería prexudicado, pois el seguía facendo o proxecto do seu pai.
  • Visites: 98

ESCOLA D'ESCRIPTURA

EUSKAL ETXEA

AEELG

EDITORIAL GALAXIA

METODE

INVESTIGACIÓN Y CIENCIA

EL HUYAR

AELC

BIBLIOTEQUES DE BARCELONA

ESCUELA DE ESCRITORES

ESCUELA DE ESCRITORES

IDATZEN