O MOMENTO QUE TODOS DESEXAMOS

5 de setembro de 2021

Hoxe foi un día esgotador. Son un estudante de cuarto curso da universidade de farmacia de Santiago de Compostela. Os meus compañeiros e máis eu estamos traballando en colaboración co Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas para encontrar unha vacina contra a COVID-19. Por fin parece que logramos fabricar un medicamento con moitas posibilidades de que sexa efectivo, pero habería que probala con algunha persoa para ver se funciona ou non, o cal é algo difícil, xa que ninguén se atreve a probala por medo a que produza efectos secundarios que lle afecten durante toda a vida. Así que tomei unha importante decisión: eu mesmo probaría a medicación. Ao principio, os meus compañeiros dicíanme que estaba tolo, pero non nos quedaba outra opción, así que, despois de ter as autorizacións pertinentes, inxectáronme o líquido que me ía converter en inmune á enfermidade.

10 de setembro de 2021

Síntome moi nervioso. Estou esperando o resultado da analítica que confirmará ou non a miña inmunidade á COVID-19. Se todo vai ben como esperamos, sería un gran avance para a medicina a nivel mundial, porque ata o momento en ningún laboratorio se conseguiu nada parecido, e agora nós estamos máis preto que nunca.

13 de setembro de 2021

Efectivamente, a cura funciona! pero hai que darse presa xa que o virus pode mutar, e, se iso pasa, o que temos agora non serviría para nada. Polo tanto temos que convencer a toda a xente do mundo de que tome a medicación o antes posible para que esta crise acabe dunha vez. Isto o intentaremos poñer en marcha dentro de dous días, xa que temos que facer unha gran cantidade de medicación para que chegue a todo o mundo, ou polo menos, ás zonas onde hai moitos casos como nas grandes cidades.

16 de setembro de 2021

Empeza a misión de informar a todo o mundo! Comezaremos engadindo uns anuncios publicitarios nas rúas, na televisión e na Internet que digan: “Nova cura contra a COVID-19, vacínese xa!” Logo, os periodistas se interesarán polo tema, co cal nos farán entrevistas e nos poderemos resolver calquera dúbida que lle poida xurdir a poboación.

18 de setembro de 2021

Hoxe é o gran día!A vacina xa chegou a todos os centros de saúde de España e está previsto que nunha semana estea distribuída por todo o mundo, incluídos os países máis pobres de África. Estes días estamos traballando sen descanso porque non esperabamos que a xente se vacinara con tanta seguridade, tendo en conta que estamos a falar dun medicamento novo, pero está claro que todos queremos librarnos deste pesadelo canto antes.

3 de outubro de 2023

Parece mentira que xa pasaran dous anos dende que o noso laboratorio comezara a distribuír a vacina contra aquela enfermidade que acabou coa vida de tantos millóns de persoas arredor de todo o mundo! Podemos dicir con gran alegría e con orgullo que grazas á vacina que desenvolvimos no laboratorio de Santiago de Compostela, a COVID-19 está oficialmente declarada erradicada en todo o mundo.
Pola miña parte, o orgullo é aínda maior, xa que de non terme decidido a probar no meu corpo aquela primeira mostra do líquido salvador, nada disto tería sucedido, e aínda que ninguén me recoñeceu a miña valentía, eu sinto que fixen un ben á humanidade, e por iso me sinto feliz e satisfeito.
  • Visites: 107

ESCOLA D'ESCRIPTURA

EUSKAL ETXEA

AEELG

EDITORIAL GALAXIA

METODE

INVESTIGACIÓN Y CIENCIA

EL HUYAR

AELC

BIBLIOTEQUES DE BARCELONA

ESCUELA DE ESCRITORES

ESCUELA DE ESCRITORES

IDATZEN