A MIÑA CONSTELACIÓN

Simplemente quería ir alá. Quería voar ata Dubhe. Dubhe era coma min: un pedazo do Universo: insignificante, pero á vez imprescindible. Dubhe... unha parte da Osa Maior. Soamente é unha estrela, e eu unha simple persoa.
A estrela Polar: brillante, encantadora. Pero coma toda persoa, Sirio rouboulle o seu brillo estelar.
Sinto estrelas. O espazo está cheo de emocións. Choro cometas, e convértome nunha constelación.
Son unha raia formada por un conxunto de estrelas. Un trazo que formo ao paso do tempo. Son unha persoa coma outra calquera, inda que para calquera eu non son a estrela que falta para formar a súa constelación.

Me chaman telescopio por mirar as estrelas máis caos libros. Tamén parva por mirar estrelas en pleno día co ceo despexado. Pero eu sei que alí seguen as estrelas, nunca marchan, se non que nos mesmos decidimos deixar de prestarlles atención. Eu son a estrela deste instituto. Eu son a estrela que deciden deixar de prestar atención e facer coma se non estivera. Si. Esa son eu. Unha estrela viaxando polo espazo buscando o seu lugar. Ninguén me acepta na súa constelación. Todas están cheas. Todo Cáncer ten o seu Tagmine, todo Ara ten o seu Beta Arae. O espazo é moi grande, pero non o suficiente.
Fun pedirlle a Cefeo ser o seu Alderamin. Non aceptou. Xa había un Alderamin na súa constelación.
Decidin obtar por Acuario. Non pasou nada novo ou inesperado. Xa estaba completo, e volvéronme rechazar.
Tiña fe en Libra. Antes fóramos amigas. Pedinlle ser a súa Zubeneschamali, pero coma todas, díxome que non.

Xa me fartei. Non lles necesitaba. Ninguén queríame na súa constelación, polo que que mellor decisión que formar a miña propia. Soamente me necesito a min, e se alguén se quere unir, adiante. Mentres, serei unha estrela. Pero ollo, non unha calquera. Serei a miña propia estrela. En caso de que alguén queira formar parte da miña constelación, aceptareille encantada. E agora se me desculpades, teño un gran Universo por viaxar.
  • Visites: 128

ESCOLA D'ESCRIPTURA

EUSKAL ETXEA

AEELG

EDITORIAL GALAXIA

METODE

INVESTIGACIÓN Y CIENCIA

EL HUYAR

AELC

BIBLIOTEQUES DE BARCELONA

ESCUELA DE ESCRITORES

ESCUELA DE ESCRITORES

IDATZEN