DITOSOS ESTERIOTIPOS

O voo 647 despegou puntual como sempre. Ao meu lado viaxaba unha parella nova cunha nena pequena que se entretiña xogando cunha tablet. A súa conversa chamoume a atención cando lles escoitei falar sobre o intelixente que era a súa filla ao saber manexar tecnoloxía tan avanzada co pequena que era.
En cuestión de segundos empezaron a imaxinarse o futuro brillante daquela criatura que, inocentemente, toqueteaba os botóns daquel dispositivo.
En realidade eu non estaba interesada na súa conversa, senón máis ben no funcionamento daquela tablet que o noso equipo desenvolvera con tanto esforzo e especialmente nos comentarios que facían sobre ela.

Mentres observaba á nena de esguello os seus pais estableceron conversa comigo:

-Espero que a nena non lle moleste durante a viaxe. Adoita entreterse facilmente con este tipo de aparellos. - dixo ela cun sorriso- Viaxa por pracer ou por traballo?
-Ambos - dixen eu - Non se preocupe, os nenos non me molestan - engadín amablemente.

Deseguido a nai desviou o tema cara á súa nena facéndome ver o espabilada e lista que era con só 18 meses e como manexaba a tablet mesmo mellor que ela.
-Vostede a que se dedica? - preguntoume o pai.
-Eu son matemática - respondín orgullosa.
- Buff… - engadiu a muller - Eu nunca sería capaz de ser profesora de matemáticas, odiábaas no instituto e ademais non serven para nada. - dixo soltando unha gargallada.

Mordinme a lingua para non responder todo o que se me pasou pola cabeza naquel momento. Ditosos esteriotipos: muller + nova + matemática = profesora…

Pensei dicirlles que se cadra a súa filla non era tan intelixente como eles crían, senón que era grazas a un equipo de científicos que conseguiron que "o complicado" parecese fácil mesmo para unha nena de 18 meses.

Mentres todos estes pensamentos pasaban polo meu cerebro, da miña boca só saíron estas palabras:
-Sorprenderíache saber a cantidade de utilidades que teñen as matemáticas - dixen cun sorriso mentres acariñaba o meu maletín onde gardaba a Medalla Fields que me acababan de entregar.

Nese momento deime conta de que non viaxaba por traballo, senón que aquel era unha viaxe por pracer.
  • Visites: 134

ESCOLA D'ESCRIPTURA

EUSKAL ETXEA

AEELG

EDITORIAL GALAXIA

METODE

INVESTIGACIÓN Y CIENCIA

EL HUYAR

AELC

BIBLIOTEQUES DE BARCELONA

ESCUELA DE ESCRITORES

ESCUELA DE ESCRITORES

IDATZEN