ALGO MÁIS CA UN SOÑO

Hoxe,22 de decembro de 2050,fun ao río Arnego,non había troitas, a pouca auga que corría estaba coma o caldo, sobre uns cincuenta grados Celsius.Levei unha mazá de merenda,non sei que raios tiña,pero non era como as que comía xunto cos meus avós debaixo da maceira hai uns anos.Decidín subirme a un penedo,dende onde podía ver a Ponte Romana,a única do concello,á cal lle chegaban plásticos ata medio arco. Xa de camiño á casa con fatiga,véñenme á cabeza as hortas,as vacas pacendo,as ovellas cara ao monte.Agora,o único que podo ver son zonas practicamente desertas.

Cando cheguei á casa mireime ao espello da entrada,estaba vermella coma o tomate que comera ao xantar,ata me choraban e picaban os ollos.Isto non pasaba e antes de cear fun ao cuarto poñer outros zapatos para ir pasear e vin ao meu veciño pola ventá.Díxome que estivera vendo fotos de seu irmán pequeno,o que morrera.Este sempre se vía abonando as terras,sulfatando contra os bichos,talando árbores,en fin,estragando a natureza…

Cara a Chousa da Cancela,ía cantando “Adiós ríos;Adiós fontes” de Rosalía de Castro,gran poeta do XIX,unha figura emblemática do Rexurdimento.A calor que ía non era normal,xa logo era noite e case que ía máis calor aínda,era cousa de tolos.

Antes de baixar parei a descansar e recuperar o alento mentres miraba o ceo.Un día incluso vin unha estela fugaz,pero agora na mesosfera só había gases contaminantes.Entre un respiro e outro todo cambiou.Houbo unha explosión billóns de veces máis fortes ca os lóstregos dos días anteriores.Os raios do sol fulminantes estaban estragando todo,as pólas das árbores comenzaron a arder,pouco a pouco o lume íase expandindo por toda a contorna.Eu mirei para os zapatos e xa non tiñan sola,decidín ir ata a Pena dos Mouros,o lugar idóneo para protexerme dos raios.

Tras chegar á cova,de repente a superficie terrestre comezou a tremer cada vez máis e máis.Botouse a choiva,aquelas pingueiras ácidas abrasábanme os pantalóns,polo que decidín meterme máis para dentro daquel refuxio.Foi entón cando vin unha pedra cun buraco onde había auga,polo que tiven algunhas esperanzas de sobrevivir.

Estaba esgotada,perdera oído,xa case non vía e custábame máis a min respirar daquela ca un escalador profesional nos Alpes.Foi entón cando recordei que estas montañas xurdiron no Paleoxeno e que pouco despois chegaron os humanos.AsÍ que penso que chegou a hora dunha nova extinción.Non era nada comparable coas guerras que houbo durante toda a historia,isto nin semellaba unha película de ciencia ficción con un grande equipo de produción e os decorados máis sorprendentes.Non había xeito algún de reproducir aquela escena.

Estivo toda a noite chovendo.Nunha escampada,ao amencer,saín ata a boca da cova.Todo estaba queimado,os sismos derrubaran as casas, non se escoitaba a ninguén.Era o pouco que podía percibir con dificultade.Iso si,o sol non se escondía e eu non vía que facer,sen comer,sen durmir e sen auga,posto que a pouca que había evaporárase.Se a cubrira posiblemente se condensaba ao evaporarase e voltaría ao estado líquido,así non se dispersarían as partículas,pero naqueles intres non se me pasara polo maxín.

Pola tarde volveu a acción,eu xa dera todo por perdido e só estaba agardando a morte.Escoitei un ruído coma o dun helicótero detrás dunha antiga canteira,onde se atopara un claro exemplo de dobra anticlinal.Estaba totalmente convencida de seren alucinacións miñas,aínda que non perdía nada por comprobar o que era.Tratábase dunha especie de nave espacial chegada dende outro planeta,onde houbo vida millóns de anos despois da formación da Terra.Neste aparello non viñan persoas,eran unha especie de robots intelixentes,coma seres humanos de plástico.

Xa noutro planeta,toca celebrar a Noiteboa de xeito distinto e con persoas novas.Sí,aquí tamén hai xente! Polo de agora non souben como é que hai aquí seres humanos,o único que podo dicir é que xamais esquecerei esa viaxe de case un día.Os continentes expandíanse máis e algúns incluso parecía que se partían coma unha galleta.Posiblemente se formarán novos continentes e co paso do tempo volverá haber vida na Terra.Seguro que ficou algún supervivente e será o encargado da repoboación terrestre.
  • Visites: 134

ESCOLA D'ESCRIPTURA

EUSKAL ETXEA

AEELG

EDITORIAL GALAXIA

METODE

INVESTIGACIÓN Y CIENCIA

EL HUYAR

AELC

BIBLIOTEQUES DE BARCELONA

ESCUELA DE ESCRITORES

ESCUELA DE ESCRITORES

IDATZEN