O universo dos Cerebritos

Para comezar esta historia,cabe destacar que os protagonistas deste conto non son diferentes aos demais nenos da súa idade. Son dous nenos e unha nena de sexto de primaria. Na escola lles chaman ‘Os Cerebritos’ ou ‘Os Einsteins’ de maneira cariñosa pois son moi intelixentes. E diredes ben,xa sabemos que son moi intelixentes,que lles teñen dous alcumes e todo isto pero quen son? Pois ben, son Alberte,Belén e Camilo.
Agora imos á historia de verdade. Un día na clase,os tres alumnos estaban facendo un traballo de matemáticas en equipo,e unha vez que remataron, Camilo lles recordou que ía ser o seu aniversario a semana seguinte e díxolles que inda non sabía que ía facer para celebralo.
Eu vin para o meu aniversario varios ‘Escape Rooms’. - Comentou Belén- Pero a miña nai di que a ela non lle gusta a idea de estar encerrada.
Paréceme boa idea e xa non é a primeira vez que vou a un. Ademais xa teño ido cos meus pais.- Contestou Camilo- E agora que recordo había un en Vigo con temáticas do Universo e iso se nos da bastante ben,que vos parece?
Xenial!- Responderon Belén e Alberte á vez.
Aquela tarde Camilo e os seus pais buscaron información do ‘Escape Room’ e prezos. O día seguinte Camilo contoulle aos seus compañeiros que irían á súa casa a durmir despois do ‘Escape Room’
O venres da semana seguinte os pais de Camilo foron buscar a Belén e Alberte ás súas respectivas casas para ir a o Escape Room. Cando chegaron,Camilo estaba moi emocionado. Era un edificio grande,de tres pisos. No exterior había un xardín no cal había unha nave espacial e un satélite adornando. As paredes do edificio eran negras con debuxos de estrelas e planetas. Os nenos e os pais de Camilo entraron.
Unha voz procedente dunha pantalla que había na parede dixo: ‘Benvidos forasteiros,estades na nave Vostok 1, a primeira en viaxar ao espazo. Para conseguir a primeira cifra código de saída deberedes adiviñar cantas letras ten o nome e o primeiro apelido da primeira persoa que viaxou ao espazo nesta nave,ánimo!’
Ben,eu o sei. Foi Valentina Tereshkova.-Dixo Belén
Non,Belén,esa foi a primeira muller. Ela viaxou dous anos e dous meses despois. A primeira persoa foi Yuri Gagarin. Ademais ela viaxou no Vostok 6.- Respondeulle Alberte
Moi ben,entón a resposta serían 11 letras.-Engadiu Camilo- Pero non me cadra,son dúas cifras...
Claro! Xa o entendín!- Contestou Alberte- Hai que sumalas! Entón o primeiro número sería dous.
Alberte escribiu o número e unha porta ao fondo da sala abriuse. A seguinte sala estaba chea de números,había na parede,no chan...
Volveuse a escoitar a voz. Agora lles felicitaba polo seu traballo e dáballes a seguinte adiviña: ‘Tedes que sumar as letras do planeta máis grande do Universo máis os seus satélites pola súa posición no sistema solar,é dicir,dende o Sol ata o final se é o primeiro,o segundo...’
A ver,o planeta máis grande é Xúpiter polo que xa temos o primeiro dato,son sete letras.- Dixo Camilo.
Si,tes razón e se non recordo mal tiña sesenta e catro satélites.- Comentou Belén- Europa,Ío,Ganimedes,Metis...
Vale Belén,só fai falta saber cantos hai,non os nomes pero moitas grazas- Interrompeu Alberte- E a súa posición no Sistema Solar é o quinto posto,polo que quedaría sete máis 64 por cinco... e iso dá... Hai que buscar un papel e un lapis.
A voz volveuse a escoitar,dicíalles que para conseguir o número do lugar do papel e lapis tiñan que adiviñar en que ano se di que sucedeu o Big Bang.
Camilo dixo que había sucedido fai uns 13800 millóns de anos.
Haberá que sumar as cifras principais,non?- Dixo Belén,ao cal os outros dous nenos estiveron de acordo- Entón sería 12 e como só pode dar unha cifra o sumamos e da tres... Agora a buscar un tres!
Os nenos buscaron e rebuscaron ata que Alberte dixo « O atopei!». Alberte atopara o número nun baúl. O abriron e alí había un sobre voluminoso. Nel había un papel pequeno,un lapis e un pano. Os nenos comezaron a facer a conta de sete máis 64 por 5.
Parade!-Interrompeu quitándolle o lapis a Camilo,quen estaba comezando a facer a operación- Non podemos facela así,primeiro hai que comezar pola multiplicación. Aos nenos lles dou 327 e sumando as cifras doce entón a voz dixo: « Xa o tedes,non hai que sumar as dúas cifras. Agora buscade onde apuntalas para saír da nave. »
Belén chegou á conclusión de que o pano servía para algo. Buscaron e buscaron ata que ela deuse conta dun pequeno espello cheo de po. Camilo o limpou co pano e viron unha pantalla. Introduciron os tres números que conseguiron (dous,tres e doce) e a porta se abriu. Os nenos saíron e foron a durmir á casa de Camilo. Pasárono moi ben.


  • Visites: 139

ESCOLA D'ESCRIPTURA

EUSKAL ETXEA

AEELG

EDITORIAL GALAXIA

METODE

INVESTIGACIÓN Y CIENCIA

EL HUYAR

AELC

BIBLIOTEQUES DE BARCELONA

ESCUELA DE ESCRITORES

ESCUELA DE ESCRITORES

IDATZEN