A moda das matemáticas

Coma tódolos días, despois do lusco-fusco, María quedaba a espreitar o bó facer coa agulla e a tesoira da súa tía Luisa. Dende ben cativa, María sabía que detrás do que facía a súa tía ademáis dunha bonita saia, un vestido de festa ou un elegante traxe sastre, había algo máis que moda e beleza. E non estaba errada. Detrás daqueles cortes de tea, dos patróns de papel, dos abelorios de cristal había moita ciencia, en concreto moita matemática.
María aprendera case sen darse conta a contar, a sumar e a restar a través dos abelorios que usaba súa tía para bordar os corpos dos vestidos de festa. Anos máis tarde, daríase conta que entre os diferentes abelorios cos que durante tantos anos estivera a xogar enriba da mesa de traballo da súa tía Luisa, había cilindros, dodecaedros, prismas pentagonais, esferas ou troncos de pirámides cuadrangulares que ademáis, contaban con un oco interior a modo de cilindro baleiro, polo que entraba o fío da agulla cando eran cosidos ós tecidos.
Algún que outro día, María preguntáballe á súa tía como era capaz de transformar as medidas dos corpos en tres dimensións das clientes, en patróns de papel en dúas dimensións. "O truco está nas matemáticas, María", lle respondía a súa tía Luisa. Así María aprendera varias cousas relacionadas coas matemáticas que servían para confeccionar e deseñar roupar. Dende calcular fraccións para facer as divisións na tea coas que se podían costurar as dobras da saia ou se confeccionaban os tecidos plisados, a medir os ángulos cun transportador para cortar correctamente a escave dunha manga e o tiro dun pantalón, ata calcular o perímetro de circunferencias usando o número pi para facer os pescozos dos vestidos e camisas. Coma súa tía Luisa era unha boa modista, aprendeulle a María a dividir as medidas tomadas coa fita métrica correctamente para facer os patróns de papel e unha vez postos sobre o tecido, aproveitar ó máximo a tea sen que faltara para a peza de roupa e que puidera sobrar certa cantidade, para facer un bolso ou un mantón xeitoso.
Só cando as circunstancias o mereceran, María aprendera a bordar usando os abelorios e fíos de cores construíndo figuras simétricas moi variadas, donde o principal eixe de simetría era o borde do papel que usaba como patrón. De maneira colateral, cando predominaban os estampados florais nos bordados ou nos tecidos, María aprendera a reproducir as diferentes especies de flores silvestres que anteriormente observara cando ía de paseo polo monte co seu pai.
Todos esos recordos de infancia fixeron que moitos anos máis tarde, cando María estaba a piques de presentar o seu traballo de fin de grao na escola de deseño e artes plásticas Mestre Mateo, co motivo da súa graduación como deseñadora de modas, decidira nomear a súa colección de roupa coma "A moda das matemáticas". A través dela, María prentendía que o seu futuro público e compradores, entenderan que o verdadeiro truco dun bo deseño e unha boa confección de roupa está na beleza escondida das matemáticas, repetindo a ensinanza que tantos anos atrás lle compartira súa tía Luisa, a primeira modista da familia.