Tecendo no mar

Cheiraba ben forte a mar, paredes cubertas de salitre que amosan o apelido costeiro. A avoa marchara temperán, tanto que nin sequera puiden vela liscar.

Ó serán do día anterior chamaron á casa, souben que fora a confraría polo xesto do meu pai. Andábamos a rir no salón antes de coller o teléfono e todo cambiou despois da irrupción. Téñolle zuna á confradía xa que corta o tempo, rompe a familia egrexio visitante se avisaren.

A nerviosidade da miña nai topaba coa tranquilidade da avoa Mariña, que seguiu tecendo teimuda o meu xersei. Fibras acrílicas formadas pola unión de acrilonitrilo feitas para abandoar á la cobran senso coma aparellos de pesca nas mans dela. Grazas ó dominio e a súa aptitude de redeira, aínda a chaman para subir ó buque de baixura co perigo que acarrexa.

Ela lembra os bous, boliches e palangres feitos de cánabo, mulleres abeiraban ó mar no porto cosendo e arranxando, alicerce da polimerización das redes actuais. Polímeros de poliamida 6,6 nos anos trinta, PVC ou polivinil cloro nos corenta e polipropileno nos cincuenta; fibras todas elas con introdución tardía no noso país.
As fibras continuas semellan monómeros que, segundo o pano do medio ou do esmallo que leve, encarnan usos diferentes do patrón. Non tódalas son iguais, cadanseu o seu emprego.

As chumbadas repartidas entre as pernas e a fisga das rapetas lembran os átomos e grupos funcionais culpables das propiedades dos materiais, coma culpables son da pesca e fondeo.
Mariña non sabe nadar, por iso entrou a brétema na casa onte. Seguen as actividades: miña nai lava a roupa, eu fago os deberes ceibe no alpendre, mailo meu pai nin sequera voltou a casa. Entendes a brétema?

Asemade os animais o lamentan tamén, decántase da ausencia, dos seus coidados a cotío.
O que me chistaba de neno era xogar a buxaina fóra se non chovía, pero cando volvía do mar á avoa Mariña, deixaba o xoguete e gozaba escoitando as andanzas dos mariñeiros, os mares que cruzaran xa e parases por visitar. Tamén lle interrogaba coma nun xuízo de cómo arranxou das palangres no pasado para pescar polbos, moreas, melgachos ou congros.

Non sabe ela quen é Straudinger, mais revolucionou o seu traballo coas fibras sintéticas derivadas do benceno, fenol, acetileno, etc. Colchar ou torcer o fío a reo a ó xeito das redes actuais que se arman de poliamidas e poliésteres, grupo de fibras sintéticas unidas por adición ou condensación, cuns patróns para izar o treo con ventos fortes.

Os nós da avoa son átomos de sofre na química do entrecruzamento, unindo os fíos ou polímeros lineais que adoitan rixidez e reforzo estrutural.
De socate voltaba a avoa, cansa de tanto traballar. Reaccións de polimerización que seica non esquecerá o mar.