Qué é Inspiraciencia?

Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico. Pretende ser un espazo aberto onde pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar a creación literaria como forma libre e persoal de achegamento ao pensamento científico e de explorar realidades antes non imaxinadas.

FICCIÓN CIENTÍFICA

Modalidade única. Poderanse presentar relatos dunha extensión máxima de 800 palabras.

Categorías. O concurso ten dúas categorías: adulto (a partir de 18 anos) e novo (menores de 18 anos).

Cada participante pode presentar máis dun relato, e un máximo de catro relatos, sempre que estes sean orixinais e estean escritos en linguas distintas.

Lenguas

Os relatos poden estar escritos en catalán, castelán, galego o éuscaro.

CONSULTA AS BASES!

 

Literatura e Ciencia

Inspiraciencia non é só os relatos. Máis aló do concurso, organízanse charlas, talleres, exposicións, propostas para a aula, lecturas, etcétera para profundar nas variadísimas relacións e hibridaciones entre ciencia e literatura. As actividades organízanse distintas cidades mentres o concurso está aberto.

CONSULTA O PROGRAMA!

  • fl000079
  • fl000095
  • fl000089
  • fl000075
  • fl000023
  • fl000004
  • fl000071
  • fl000058
  • fl000098
  • fl000126
  • fl000054
  • fl000006
  • fl000100
  • fl000149
  • fl000034
  • fl000150
  • fl000148
  • fl000094
  • fl000103
  • fl000040