• Inicio
  • CHARLAS
  • MADRID, 14 de abril: "A lura xigante e outros seres ‘monstruosos’. Animais reais e míticos na literatura"

CHARLAS

MADRID, 14 de abril: "A lura xigante e outros seres ‘monstruosos’. Animais reais e míticos na literatura"

A CARGO DE: Óscar Soriano Hernando. Científico titular do Museo Nacional de Ciencias Naturales (CSIC). Madrid

DÍA: Xoves, 14 de abril de 2016

HORA: 18:00

LUGAR: La Casa Encendida. Ronda de Valencia, 2, 28012 Madrid

Na literatura de terror, na de aventuras e na de ciencia ficción, múltiples seres de aspecto horripilante, de cheiros fétidos, ávidos de sangue, de carne humana ou mesmo de espíritos máis ou menos puros, tiveron protagonismo ou apareceron como actores secundarios nas súas tramas, sen deixar de lado o seu desazonadora presenza nos libros sacros e nas tradicións de diferentes relixións, así como en libros de contos de todas as xeografías.
Os seres de aspecto animal, semihumano ou creacións mixtas, que son representacións do mal ou de características asociadas  ao seu aspecto mitológico, proliferaron ao longo da tradición oral e escrita. Deixando ao carón vampiros e homes lobo, que teñen a súa propia e extensa  literatura, aparecen ademais un sen número de entidades monstruosas -imposibles de cuantificar- cada vez que abrimos un libro. Nesta charla tentaremos, modestamente, condensar  e mesmo clasificar aos protagonistas ou personaxes secundarios de obras nas que teñen un papel reseñable e asociar o seu aspecto a seres reais, buscando, no seu caso, o seu fundamento ou explicación. As luras xigantes, os ‘homes salvaxes’, os dragones e tantos outros serán os nosos invitados.