• Inicio
  • CHARLAS
  • PONTEVEDRA, 8 de abril: "Outros animais sorprendentes de 20.000 leguas baixo dos mares"

CHARLAS

PONTEVEDRA, 8 de abril: "Outros animais sorprendentes de 20.000 leguas baixo dos mares"

A CARGO DE: Lara García Alves. Grupo de Ecoloxía y Biodiversidad Marina, Instituto de Investigaciones Marinas (CSIC)
DÍA: Vernes, 8 de abril de 2016 
HORA: 18:00 
LUGAR: Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Pazo da Cultura. Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Quen lle ía a dicir ao profesor Aronnax, naturalista de profesión, que a expedición do Abraham Lincon que tiña por obxectivo darlle caza a un xigante cetáceo, converteríase nunha intrépida aventura a bordo do submarino Nautilus. Baixo o mando do capitán Nemo, o profesor Aronnax e o resto da tripulación foron testemuñas da diversidade de especies animais que habitan nas profundidades do Océano. Dende as formas máis primitivas ás mais avanzadas na evolución. Gran variedade de algas e plantas mariñas, corais, anémonas, medusas,
estrelas de mar, bancos de peixes de distintas familias, exércitos de luras ... unha infinidade de especies foron sucedéndose ante os seus ollos. As formas de vida planctónica están
presentes tamén nesta aventura baixo dos mares, ben sexa por especies que forman parte do plancto toda a súa vida, ou por animaliños que forman parte do plancto nas etapas inicias do seu desenvolvemento. Nesta actividade daranse a coñecer as especies máis curiosas que forman parte do plancto, relacionando ademais a forma planctónica cos animais adultos
protagonistas do libro de Jules Verne. Ao remate da charla, os participantes poderán observar a través dunhas lupas, a cantidade de especies curiosas que forman parte do plancto. Deste xeito tan directo, serán conscientes da súa forma característica e do seu pequeno tamaño. Como poden estas formas tan diminutas converterse nos animais adultos? Os participantes nesta charla non volverán a pensar na lura xigante cando se fale de 20.000 leguas baixo dos mares.