• Inicio
  • CHARLAS
  • ZARAGOZA, 16 maio 2016: "Miguel Servet: Libre pensamento, literatura e ciencia"

CHARLAS

ZARAGOZA, 16 maio 2016: "Miguel Servet: Libre pensamento, literatura e ciencia"

A CARGO DE: José Luís Corral. Catedrático de Historia Medieval na Universidad de Zaragoza
DÍA: Lunes, 16 de maio de 2016.
HORA: 19.00
LUGAR: Biblioteca pública Javier Tomeo (El Rabal). Pza. San Gregorio, s/n. 50015 Zaragoza

Nun tempo de guerras de relixión, as ideas avanzadas de Miguel Servet foron consideradas heréticas. Por elas, Servet foi un home perseguido, que sufriu un proceso inquisitorial e un xuízo inxusto. Os seus libros foron considerados malditos. Os avances do Renacemento, o descubrimento da circulación do sangue, a persecución dos herejes, a caza de bruxas, as fogueiras da Inquisición foron constantes na vida do médico aragonés.

A mediados do século XVI, en plena Reforma protestante, este home retará a todos os poderes relixiosos e laicos en defensa da liberdade de conciencia e de opinión. Servet viviu anos de intrigas, emocións, paixóns, traizóns e denuncias, nunha época na que a ciencia e a razón pugnaba en desigualdade de condicións co dogma e a ortodoxia.