Querida ciencia...

Felicidade, felicidade é poder atoparte cada día enfronte de min. Abrir os ollos e por as noticias e ser coñecedora de algo novo que acabas de conseguir. Algo que non se sabía, e ti outra vez acabas de loitar para volver a triunfar. Grazas por facer os meus días moito mellores, e grazas por axudar a todo o que te atopes polo camiño. As veces a vida é moito mellor cando estas ao lado de todas as persoas que te buscan.
Ninguén será coñecedor nunca do amor que sinto e sentín por ti, porque non, non son egoísta. Disfruto podendo saber que fas felices a moitas persoas. Quero ver como te enfrontas aos problemas, e como sempre saes deles, aínda que ninguén chegue apostar por ti, ainda que ninguén te defenda, ti saes, saes en busca da luz, ao lado dos teus amigos, que fuches descubrindo no teu longo camiño. Levas entre nos moitos anos, as veces non facendote sentir, e outras chegando como una bomba de cores, iluminando todos os tuneis sen saída..
Eres inoportuna, ambiciosa, desexosa, intrigante…chegando a estresar a calquera que queira atoparse contigo. As veces vas e ves, e moitas das veces que foxes lonxe, bótote de menos. Non quero que volvas marchar, quero que sigas facendo o que mellor se che da, e seguir loitando como sempre fixeches, que ninguén te apague, que ti descubriches cousas que ninguén che poderá quitar, que ti nunca traizoas. Quero que veñas e volvas, quero que sexas viaxeira, que non te quedes sen combustibles, na metade da carreteira, e voes como un cohete ao espacio. Non quero que ninguén te volva a afastar da mente de persoas, e que sen ti, as veces atopámonos baleiros, pero seguirás con nos moitos séculos, e moitas vidas máis, porque ti fuches quen descubriches a lúa, e tamén as estrelas, quen descubriu a vida, cando a morte petaba na porta, que ti nos fas xirar, e tamén frear.
Síntome con medo ante un amor como este, que che fai experimentar sentimentos que nunca antes chegaches a coñecer. Ditosa e satisfeita de terte atopado, de poder saber máis acerca de ti, aínda que nunca chegarei a comprenderte de todo, porque seguirás sendo unha inmensa caixa de sorpresas,e é algo que me encanta de ti. Non hai palabras para poder definirte completamente por iso...
Grazas por todo, querida ciencia.