Todo o que non podo recordar

Quizais hoxe sexa un día como outro calquera ou quizais non, acábome de espertar e non llo que me vai a deparar este día, a esta idade non é que nos pasen moitas cousas pero se mal non lembro hoxe teño médico. Perdón por non presentarme, chámome Carmen e teño 63 anos. Pois iso a esta idade adóitome levantar e ir almorzar con algunhas das miñas amigas que aínda seguen na vila e non se foron para casa dos seus fillos... E despois vou facer a comida para os meus netos e como con eles, pola tarde dependendo da tarde ou vou dar un paseo ou coido dos meus netos... O que se di un día normal na vida dunha persoa xubilada.

Hai uns meses que me empecei a atopar un pouco mal, como que perdía forza nas mans, tiña os músculos ríxidos e de cando en vez estaba estreñida. Unha das miñas fillas, a que case sempre está comigo, porque vive na mesma vila que eu, decidiu levarme ao médico, eu negueime rotundamente xa que cría que eran uns síntomas do cansazo. Uns meses despois estes síntomas foron empeorando, empeoraron tanto que non daba nin suxeitado unha cunca sen que se me espallase todo o que había dentro, entón foi cando a miña filla obrígome a ir, déronlle cita para hoxe, día 8 de novembro do 2018, decidín facerlle caso e ir acompañada dela, aínda que non necesito axuda de ninguén que para a idade que teño son moi independente.

Xa son as 12:30, xa estou sentada na sala de espera xunto á miña filla, esperando a saber as cousas que me ía dicir o médico, aínda que nos quedan uns cuantos minutos que esperar para pasar a consulta.

Saímos xa e como non con malas noticias, como dicía a miña avoa aos médicos é mellor non ir que só traen desgustos, e que razón tiña. Bueno que me saio do tema, o médico díxonos que polos síntomas que tiña sufro un claro caso de parkinson, que é normal a esta idade, a miña filla estaba moi desgustada e sentiase moi mal por non obrigarme a ir antes ao médico, díxenlle que non era a súa culpa, que non era culpa de ninguén mais que miña, e da enfermidade por interpoñerse no meu camiño.

Hoxe en día non existe unha cura para esta enfermidade, pero tampouco é unha enfermidade, que se diga moi importante, así que a miña filla decidiu que me vaia a vivir con ela unha tempada, e aceptei por que total non me inflúe moito xa que ela vive dúas rúas mais arriba que eu.