"Amor e ciencia"

¡Puuuuuum!
A explosión soou por toda a sala. Rebentou o tubo de ensaio. Os nenos correron asustados polo aula. Non sabían como actuar. esqueceran todas as regras que lles ensinaron antes de entrar no laboratorio.
Intentaban descubrir a cantidade de vitamina C que tiña un pomelo. Mesturaran nun matraz auga con maizena e, tras colocalo sobre un forniño, o quentaran a lume lento durante cinco minutos. Despois engadiran unhas pingas de iodo para obter un colorante azul. Puxeran o preparado nun tubo de ensaio e engadiran unhas pingas de zume de pomelo. Axitaran con enerxía para conseguir que se volvese transparente e calcular a cantidade de vitamina C que contiña o pomelo. A premisa estaba clara: Canto menos tardase en cambiar de cor, maior sería a cantidade presente.
A Xoan aburríalle o experimento e, tras protestar ata aburrir, comerse as froitas que levaran e tratar de esnaquizar a proba, decidiu quentar o tubo directamente porque quería ir ao patio.
Iso provocou a explosión e o susto de todos os que estaban ao redor.
Adela, a profesora, achegouse correndo enfadada cara a Xoan. El sabía o que lle esperaba: un castigo. Adeus patio.
Ela non se deu conta de que o chan estaba empapado e escorregou. Caeu de bruzos ao chan e arrastrou todo o que había encima da mesa. O ruído enxordecedor alertou a Xaime, que estaba dando clase no aula veciña. Entrou sen dubidalo malia a confusión que reinaba dentro. Achegouse a Adela. Axudouna a levantarse e bicouna con forza nos beizos. Eran noivos desde facía anos pero ninguén no colexio o sabía. O accidente sufrido por Adela sacara á luz a súa relación.

Os nenos sorrían. Encantábanlles os amoríos e as murmuracións, especialmente a Ana, unha nena loura (de bote) que se cría a máis guay e non paraba de amolar ás demais dicindo que tiñan noivo (ou piollos) cada vez que se achegaban a un neno.
Tiña especialmente frita a unha, Noa, á que lle encantaba xogar ao fútbol. Ana non podía aturalo. Todos os nenos estaban coa futbolista e non lle facían caso a ela.
Noa era moi boa en todas as materias, especialmente en ciencias. Coñecía todos os materiais de laboratorio, sabía os nomes dos científicos famosos e lía moitos libros de ciencia. E Ana non podía aguantalo. A ela só lle gustaba bailar e amolar aos demais.

Xaime e Adela estaban apoiados na mesa. Noa achegouse. Viu que Adela tiña un corte nunha man. Colleu o botiquín e, ao ver que estaba baleiro, decidiu lavar a man cortada, extraer os cristais que tiña cravados e poñer o iodo do experimento na ferida da súa profesora porque lera que era bo.

A súa mellor amiga correu a avisar á secretaria e chamaron inmediatamente a urxencias. En poucos minutos chegou unha ambulancia na que levaron a Adela acompañada por Xaime.

O experimento acabou mal pero aprenderan varias cousas: que non se pode quentar directamente un pomelo para calcular a cantidade de vitamina C que contén, que o iodo é bo para curar as feridas e que non hai que facerlle caso ás persoas que só buscan facer dano aos demais. ¿Tés algunha idea mellor?