Maldita primavera

É de día. Fai fresco. O día e tranquilo e solleiro. Os paxaros trinan con alegría e as flores ábrense nun sen fin de fermosas cores que rouban o alento. Vese como os nenos xogan no parque. Tranquilos, contentos, alegres sen saber por que. Patean a pelota con forza e sen contemplacións, respirando entrecortadamente pola falta de aire. E a pesar de todo, eles seguen alí, disfrutando deste marabilloso día, desexando que nunca acabe.
O parque, cheo de árbores, cos seus belos ramalletes de flores plantados na terra, coa súa fonte cuspindo auga diáfana sen deterse un só instante, cos nenos xogando, cos seus bambáns pendulares co son do aire e cos seus escorregadoiros cheos de nenos para tirarse por eles. Parecía estar hoxe no seu máximo apoxeo. Iso debíase sen dúbida a primavera, sen dúbida. A época máis desexada do ano. A época do espertar da natureza, da nova vida, do renacer, e da beleza sen parangón, desexada por todo o mundo.
Un dos nenos, que estaba apartado dos demais, sentado no banco máis afastado, tusiu afogadamente, cunha tose chea de mocos polas vías respiratorias. Volveu tusir entre maldicións, mentres rebuscaba na súa mochila algo, sen atopalo. Tusiu por terceira vez, ao tempo que por fin encontraba o anhelado obxecto que buscaba. Un inhalador.

E é que para este neno, a primavera era a peor época do ano. A raíz do seu problema atópase nunha molesta compañeira de viaxe, coñecedora das súas doenzas expresadas en voz alta, artífice dos seus males e montón de toses e mocos, chamada asma.
O neno aspirou polo inhalador, e a ansiedade de asfixia desapareceu. Por fin puido respirar mellor. Unha vez feito isto, carregou a mochila no lombo e empezou a camiñar.
Mirou aos nenos xogando cunha envexa mortal. A asma non só lle acarreiraba as toses e mocos comúns a calquera arresfriado, ademais asfixiabao. Impedialle tomar o aire plenamente, ese aire que necesitaba para seguir vivindo cada segundo da súa vida. Se agora mesmo intentase poñerse a xogar con eles, acabaría asfixiado polos edemas aloxados nos seus bronquiolos. As actividades físicas comúns para o resto das persoas, estabanlle vetadas.



Estivo tentado a ir cando os nenos o chamaron para que fose xogar, pero a dor nos pulmóns, devolveuno a realidade de golpe, e tivo que escusarse. Non cabe dicir que os nenos mirárono con estrañeza e comezaron a falar polo baixo del. Alcanzou a escoitar as palabras “marica” e “nenaza”, seguidas dalgún “autista”. Fixo coma se non os oíra, e seguiu camiñando, botando fume polas orellas e rechiando os dentes.
A ansiedade ía en aumento, e os pulmóns volvianselle pechar outra vez. Volveu tomar outra vez o seu inhalador, sentíndose desfalecer pola asfixia. A asma non lle daba nin un só instante de tranquilidade, e menos nesta época do ano, tíñalla xurada. A asma era tal que nin sequera lle permitía durmir ben entre tose e tose.
No seu andar medio enrabiado, medio mareado, foi parar á parte do xardín mais bela, chea de flores por todas partes, un camiño enteiro cheo de flores nun arrebato multicolor. Púxose tenso de golpe, pero xa era demasiado tarde para reaccionar. O polen introduciuse polos seus orificios nasais, e o seu corpo identificouno coma unha ameaza, cando nin sequera o era. Comezou a esbirrar sen parar, e os seus ollos volvéronse incontrolablemente acuosos, arrubiados e doídos. Volveu esbirrar outra vez, e outra, e outra, e outra vez. Tapouse o nariz, coa esperanza de deter eses incesantes “achís”, e botouse a correr, sen ver moi ben por onde ía polas bágoas.
Custoulle moito, pero ao final conseguira sair de ese sendeiro de morte. Sentouse outra vez nun banco e tratou de respirar con normalidade. Con rabia, volveu tomar outra vez o inhalador, esa máscara respiratoria que tería que levar durante toda a súa puñeteira vida.

Non levaba nin dez segundos sentado no banco, cando, de súpeto e sen saber de onde demos saíu, apareceu un gato moi cariñoso que foise a frotar contra a súa perna.
¡Iso xa era a pinga que colmaba o vaso! Sen pensalo dúas veces arreoulle unha patada ao gato, que fuxiu escopeteado polos malos tratos. Sentíndose a punto de estoupar, saíu escopeteado dese parque do carallo a toda velocidade, entre toses, asfixia e ollos lacrimóxenos.
Por fin, o neno asmático alcanzou a saída do parque, e respirou entrecortadamente, apoiado contra a porta, sentíndose desfalecer. Sentíase a piques de se desmaiar, pero sen saber como, mantívose en pé. Farto xa de toda esta merda, mirou ao parque cós ollos vermellos e coléricos. Cuspiu contra a beirarrúa e berrou.
-¡Maldita primavera!
Marchou de alí, acompañado pola súa amiga, a súa calamidade, o seu maldito tormento…
A asma.