Un fin de semana especial

O fin de semana pasado a miña irmá fixo unha viaxe moi especial coa axuda do seu amigo, o científico Xoán.
O sábado a miña irmá Lucía estaba moi aburrida e decidiu ir visitar ao seu amigo. Cando chegou ao seu laboratorio, contoulle o que lle pasaba a Xoán: El díxolle que estaba fabricando unha máquina para encoller a xente e que necesitaba a alguén para probala; ela enseguida se ofreceu para probala e así comezou o súa fantástica aventura.
Despois de encollela Xoán, non era capaz de ver que pasara coa miña irmá e comezou a asustarse por se desaparecera ou lle pasara algo raro. Nese mesmo momento a miña irmá estaba feliz, pero unha forte inspiración de Xoán levouna, como se fora unha molécula de osíxeno ao interior do seu nariz.
Cando se viu no interior do nariz comezou a preocuparse e a non saber que facer. Entón parouse a pensar e decidiu seguir o camiño que fai o osíxeno xa que o final sairía pola boca e podía avisar a Xoán para que a axudase.
Ao primeiro sitio ao que chegou, despois de atoparse nas fosas nasais, onde comezou a asquearse pola cantidade de mocos que alí había, foi a farinxe, alí baixou por ese conduto como se fora un escorregadoiro. Nese momento díxome que o pasara xenial. Despois de pasar a zona das amígdalas, dentro da farinxe, foi ata a larinxe onde seguiu baixando como se fora un escorregadoiro ata que chegou a traquea e despois aos bronquios. Na larinxe viu as cordas vocais, que lle chamaron moito a atención, xa que son uns pequenos fíos cunha gran labor, a nosa fala. A continuación, na traquea baixou sen que nada lle chamara a atención e cando chegou aos bronquios foi polo bronquio dereito ata o pulmón dereito, xa que alí hai máis espazo.
Nos pulmón realizou o intercambio a través dos da sangue e cos alveolos e saiu polo mesmo circuito pola boca.
Nese momento avisou a Xoan para que utilizara a máquina para volver a facela unha persoa de tamaño normal. Cando este o conseguiu, Lucía contoulle toda a súa experiencia e el quedou flipando con todo o que ela vivira nuns poucos segundos e que a ela lle pareceron horas.
Cando chegou a casa, Lucía contoume toda a historia e como un sábado aburrido se converteu nun dos mellores días da súa vida.
No momento que ela me contou todo o que lle pasara, eu decidin facer esta historia para contar ao mundo unha incrible historia.