Recordos e recordos

Todo comezaba un día calquera de primavera. Para min a época máis bonita do ano porque despois dun inverno frío e escuro, os días alónganse, as flores espertan e a xente está máis alegre.
Pouco a pouco, o tempo vai pasando e nin te das conta, pero nestes últimos anos, pasáronme cousas marabillosas: saquei a carreira que levaba esperando moito tempo e púxenme a traballar de súpeto.
Sempre fun unha persoa, que aínda que me preocupaba por min, nunca fun quen de esquecer aos demais. Gústame a ciencia e plantexar experimentos. Levaba xa tempo adicado a deseñar un medicamento para poder lembrar o acontecido anteriormente, porque sei de sobra que a medida que pasa o tempo as persoas non son capaces de recordar todo o que lle quedou atrás para poder revivilo.Sempre me gustou innovar, ademais acordeime de miña nai, que faleceu cando eu apenas era unha rapaza. Non só a min me pasa isto, hai moitas persoas que queren volver a vivir un momento concreto, iso si, para recordalo, non para cambialo, porque como me ensinaron de pequena, todo o que fas é por algo e dos erros, apréndese.
Adiqueille moito tempo a fabricar neste medicamento. Era moi duro. Traballaba día e noite. Facía experimentos no laboratorio coa axuda de moitos científicos coma min, que querían sacar isto adiante. Pasaba o tempo e non vía resultados e en momentos así, entrábanme gañas de tirar a toalla e de non volvelo tentar máis, pero deixándoo non gañaba nada.Tiña que seguir para poder conseguilo por min, pola miña nai e por todas esas persoas que querían o mesmo ca min. Pasou o tempo e a vacina ia progresando ata lograr o meu obxectivo. Tiña gañas de probalo en min, de saber o que se sinte ao rememorar as historias do teu pasado, e si, eu elixín un día de vacacións na praia, miña nai e mais eu, con apenas 6 aniños. Estábamos preto do mar e víramos un barco lonxe e eu preguntáralle como chegara ata alí o barco e ela sempre me respondía que si unha persoa quere algo que loite por el. Como fixo ela na súa vida que sempre lle gustou dereito, pero a súa situación económica non lle facilitaba, pero a medida que iba estudiando, ela sacaba moi boas notas e concedéronlle unha beca para así que sacara mellor os seus estudios, pero non podía deixar ningunha ou tiña que pagar ela, e non podía. Esforzouse, sacou o curso adiante e con boas notas, e sempre me contaba esta historia para que eu aprendera, e ela dicíame, loita, máis tarde ou máis cedo, todo o mundo consegue o que quere; por iso, todo esforzo ten a súa recompensa.