Tan só aquel lugar

Ano tras ano, Pablo sempre volta ao mesmo lugar.
Dende crío aquel fora para el a súa casa, ese lugar onde todas os problemas parecían esvaecerse, aínda que só fora por unhas horas. Era o seu segredo, aquel lugar que ninguén coñecía e no cal Pablo podía disfrutar do ruído das follas das árbores e da tranquilidade da natureza.
Ese recuncho era como un oasis nun deserto, un pequeno terreo de zona verde no medio dun arborado bosque que cubría toda a escarpada montaña, e ao que Pablo se escapaba cada vez que podía, vixiando que ninguén o seguise e descubrise o seu pequeno paraíso.

El sempre se preguntaba o por que da complexidade das nosas vidas, esa tendencia que temos a buscar a complexidade nas cousas máis simples, esa tendencia que temos a preocuparnos por todo sen desfrutar o momento e a necesidade de ter todo baixo control cando moitas veces tan só deberíamos deixar que as cousas surxiran, seguisen o seu ciclo natural, sen máis.
Cada vez que ía a ese lugar sempre pensaba na vida de todos aqueles seres vivos que o rodeaban, que parecían inmóbiles, ausentes, pero que en realidade non eran así. Admiraba os seus coloridos, que parecían repartir felicidade e alegría, pero ante todo admiraba a súa xenerosidade, si, xenerosidade. Calquera podería pensar que Pablo non sabía o que decía, pero el tiña os seus propios argumentos.
Sendo conscientes ou non as plantas pode que sexan os seres vivos máis xenerosos do planeta, xa que apenas valoramos a función que estas realizan cando a existencia do resto dos seres vivos depende delas.

O planeta ten un ciclo de vida natural, pero nel non entra a destrución que os seres humanos estamos a causarlle xa non ao medio, se non ás responsables da nosa supervivencia. Esta reflexión foi á que chegou Pablo cando na última visita que fixo ao lugar, atopou o seu recuncho, rodeado dun deforestado bosque, un deserto aillado de toda vida. Pablo non tivera unha vida fácil, porén, pese a todo o que pasara e sufrira, nunca fora capaz de soltar unha bágoa, ata agora.
Esa situación superouno, coido que nese momento soltara todas esas bágoas que non soltara ata aquelas. Os seus segredos voaran á vez que a vida de todos aqueles seres vivos que os escoitaran.

Dende aquelas, Pablo decidiu que loitaría polas vidas de todos aqueles seres vivos, que se esvaeceron á vez que a parte da súa vida que el compartira con eles. Agora Pablo é profesor na universidade e comparte cos seus alumnos as súas reflexións, esperanzado de que haxa máis Pablos que axuden a loitar por o futuro de millóns de persoas que ignoran as súas reflexións.