TEMPO.

Teño poucos recordos da miña infanza na cabeza, de pequena sempre me sentín moi querida na familia, o meu tío Ánxel sempre me daba uns euriños para gastar en larpeiradas ou pequenos xoguetes que semellaban teléfonos na tenda do Larouco, ou en xeados se facía calor, pasaba os veráns metida no pobo ata os 15 anos se mal non recordo.. que prefiría pasar o verán na vila cos amigos, de troula. A avoa Lola sempre nos facía comer as 5 comidas do día, estábamos sempre fartos, eu e máis o meu primo Xabier claro, aínda que el tiña 4 anos menos ca min; o avó nunca o cheguei a coñecer polo que dicían morrera pouco despois do meu nacemento, tiña cáncer de colón. Tamén recordo o tío Delfín, el foi todo un aventureiro, estivo en Suiza e logo en Madrid ata que definitivamente se mudou o pobo ca avoa e abriu unha pequena granxa de ovellas que a medida que os anos pasaban crecía cada vez máis. O tío Delfín ó principio dábame medo, era un home moi serio pero logo ao coñecelo ben era todo un anaquiño de pan, sempre que queríamos levábanos ao monte a pasear as ovellas, logo tamén lles dábamos de comer a elas e máis aos cans. O padriño vivía en Barcelona pero viña pasar as vacacións o pobo, era a persoa que máis me comprendía e coa que tiña a confianza de falar de calquera cousa coma os mozos, tema que era imposible de falar cos meus pais. Aínda recordo o meu primeiro mozo Xoel, amábao de verdade e durara con el máis de 4 anos ata que os nosos camiños se separaron definitivamente, pero nunca logrei olvidarme del, ben certo é que o primeiro amor non se olvida nunca; sempre que tíñamos pelexas ou nos pasaba algo o padriño era o único en escoitarme e axudarme a estar mellor. Pero os anos seguiron pasando sen maneira de paralos, por culpa das drogas e o vicio o tío Ánxel caeu enfermo de cancro de fígado, ingresou no hospital en setembro e despois de varios meses non conseguiu saír de alí, morreu e eu tan só tiña 14 anos, foi un golpe moi duro para min e para todos. Sin darme conta estaba graduada nos estudos de EGB, tiña ganas de estudar o BUP pero sen duda foron os peores anos que recordo pasar, entrei nel tendo as ideas claras, o que máis me gustaba e me chamaba a atención era a bioloxía e quería estudar algo relacionado con ela, pero o bacharelato non é nada fácil, so quería que se acabara, moito agobio e moitas asignaturas e demais, pero con algo de esforzo conseguino. Eu non pertencía a unha familia moi adiñeirada nin moito menos, era de familia media, das míticas españolas, e os meus con alguna que outra axudiña da avoa conseguiron pagarme os gastos que supoñía a carreira e ir vivir fóra, marchei despois de moitas dudas de onde ir a Salamanca, encantábame esa cidade, os seus lugares e as súas xentes, como compañeiras de piso levaba as miñas dúas mellores amigas dende a infancia, Noemí e Miriam. Tamén foi difícil marchar da vila aínda que o desexaba, costoume separarme dos meus país, da avoa, dos tíos e das miñas tres cadeliñas. Encantáronme os anos da Universidade, logrei acabar a carreira de bioloxía con moito esforzo pero tamén foron anos moi loucos, anos de saír de festa a maioría dos xoves e dos sábados, de despertar o día seguinte e non recordar nada, as veces ata de despertar acompañada dalgún home, descoñecido, de fumar, de beber todo o posible.. boa vida dicían. Gradueime, miña familia estaba moi, moi orgullosa de min, aínda que despois non sabía moi ben que facer, eran anos de crise en España, e era complicado encontrar traballo, e así foi, tiven que volver a vila e buscar traballo no que puidera. Pasei máis de dez anos como camareira nun pequeno hotel, con todos os meus soños e ilusións esquecidas, sen ganas de nada, ca bioloxía olvidaba, co amor olvidado, e sen ganas de nada, quen mo iba dicir, que tanto esforzó non me iba valer para nada.. Ata que unha noite fría de inverno recibín unha chamada dun centro de investigación en Madrid, que buscaba unha bióloga, sen dudalo dúas veces aceptei a oferta, entonces os ollos cheáronse de luz e de vida, unha luz e unha vida que se esquecera por completo nestes 10 anos.. Tiven un traballo, cun bo salario, ata ahora que con 57 anos que teño non esquezo nada, papá e mamá, a avoa, os tíos.. xa ningún está. O tempo corre por moito que ti te pares, o tempo é ouro, por iso hai que loitar sempre.