Bases

Obxecto
Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona a ciencia e a literatura dunha forma lúdica e participativa. A ciencia e a literatura recorren á creatividade para encarar novos retos e combinadas poden xerar novas e frescas ideas en direccións imprevisibles. Inspiraciencia pretende ser un espazo aberto onde pensar e imaxinar a ciencia, desde a ficción.

1. Poderá participar calquera persoa que presente un relato orixinal -en calquera das linguas do concurso (catalán, español, éuscaro ou galego)- que estea inspirado nunha temática científica.

2. Os orixinais estarán escritos en catalán, español, éuscaro ou galego. Deberán ser inéditos e non ser premiados en ningunha outra convocatoria, certame ou premio literario, nin ser publicados en ningún outro medio ou blog persoal.

Modalidades e categorías

3. O concurso ten unha única modalidade competitiva:
Relato curto dunha extensión máxima de 800 palabras

4. Os participantes poderán participar nunha das seguintes categorías:

  • adulto (a partir de 18 anos), ou
  • mozo (de 12 a 17 anos)

5. Cada participante poderá presentar un máximo de catro relatos, sempre que estean escritos en linguas distintas. Todos relatos dun mesmo participante deben ser orixinais, é dicir, non se poderá presentar o mesmo relato en linguas distintas.
Presentación dos relatos

6. Os participantes deben rexistrarse nunha das dúas categorías e poden enviar un relato en calquera das linguas do concurso.

7. Os orixinais deberán publicarse no sitio web do concurso: www.inspiraciencia.es. Previamente haberá que rexistrarse a través dun formulario dispoñible no mesmo sitio web.

8. Os participantes poderán acceder á súa conta co nome de usuario e unha contrasinal. O pseudónimo será o nome co que se asinarán os relatos que se queiran publicar.

9. O prazo de presentación de relatos pecharase o 19 de maio de 2016.

Premios

10. Os premios outorgaranse durante o xuño de 2016, nun acto que se anunciará oportunamente.

11. O concurso prevé un premio institucional para cada categoría e lingua, e un premio do público. Os premios serán dispositivos electrónicos, libros de divulgación, cursos de escritura, a subscrición a unha revista de divulgación.

12. A organización do concurso resérvase o dereito de declarar deserta a convocatoria se considera que os orixinais presentados non alcanzan a calidade mínima necesaria.

Xurado e criterios de valoración

13. Para o premio institucional designarase un xurado que valorará as contribucións e proporá os gañadores. O xurado estará formado por figuras recoñecidas dentro do mundo da cultura en sentido amplo (ciencia, literatura, arte, divulgación) e anunciarase oportunamente.
O concurso dispón dun equipo de moderación para que os relatos poidan saír publicados de xeito áxil. Este equipo encárgase tamén de facer a preselección dos relatos que pasará ao xurado.

14. Para valorar os relatos terase en conta a adecuación á temática, a calidade literaria, a orixinalidade do enfoque, ademais da creatividade e a imaxinación.

15. O premio do público decidirase a través dunha votación en liña dos participantes previamente rexistrados. Durante o período de votación, que se anunciará oportunamente, cada participante poderá dar un único voto por relato, sen restrición do número de relatos votados.*
O premio do público premiará os relatos máis votados das dúas categorías, con independencia da lingua na que se escribiron.

Participación

16. A participación neste concurso presupón a aceptación das bases.

17. Os relatos gañadores poderán ser publicados en medios físicos e/ou dixitais sempre mencionando os nomes dos autores.
Barcelona, 15 de marzo de 2016



* Medida introducida por proposta dos participantes para que o premio do público garanta unha calidade mínima dos relatos gañadores que se elixan por decisión popular.

DESCARGAR BASES EN FORMATO PDF