O accidente coa corda elástica

O accidente coa corda elástica

Carla era unha nena duns 8 anos de idade que iba en terceiro de primaria. Adoraba os debuxos manga e os cómics, por isto, os nenos e nenas da escola deixábana marxinada e non a querían coñecer. Tamén gustábanlle bastante os deportes de risco, ela practicaba paracaidismo en concreto.
Un día, venres 6 de maio, Carla levantouse. Fixo o que faría calquer día de escola e ás 8:00 horas foi á parada de bus que a recolleu un cuarto de hora máis tarde. Ía soa no bus, non coñecía a ninguén, aínda que ela o intentase, pero os nenos e nenas non queríen nin intentaban coñecela. Chegou a clase 10 minutos tarde e a profesora díxolle que cando remataran as clases fora falar con ela (normalmente Carla vai en bus, pero ese día comeu no comedor porque despois tiña unha actividade).
Durante a primeira hora de clase todo ía ben, pero na segunda hora, que era matemáticas, sucedeu algo. Carla sacara unha fotocopia na que saía un dibuxo de Pokemon e púxose a pintalo porque xa acabara os exercicios. Entón, a conto disto, Xoel, un compañeiro moi popular na clase dixo coa voz erguida: “A Carla gústanlle os Pokemons, é unha friqui!” Todos comezaron a rirse dela e ela comezou a chorar. Sandra, a mestre de matemáticas, saiu fora da clase para falar con ela. Primeiro díxolle que se tranquilizase e logo preguntoulle que lle pasara, ela contoullo e a mestra sosegouna dicíndolle que ela era como era e que non lle fixera caso aos demais (o que din sempre os mestres). Pouco tempo despois de que falara con Sandra e xa estaba triste outra vez. No recreo estuvo soa e os seus compañeiros volvéronse mofar dela. Carla xa estaba cansa de escoitar día e día as mesmas mofas e cousas que lle dicían entón comezou a pensar en que podía facer para que non llo fixeran máis. O resto das horas que quedaban estivo calada pensando no seu plan. Máis tarde falou con Uxía, a mestre da asignatura que tiña a primeira hora e volveulle dicir case o mesmo que lle dixo Sandra.
Despois de ir ao comedor foi a paracaidismo, e alí foi onde se decatou de que debía facer para que non se metesen máis con ela e para que deixaran de pensar que era unha nena fráxil. O seu plan consistía no seguinte: dicirlle a Xoel que se non se atrevía a facer puenting el sería a galiña da clase e todos se mofarían del por facelo ela e el non. Ela xa o fixera de pequena.
Ao día seguinte, na escola, no cambio de clase púxose diante da pizarra e díxollo, Xoel contestou cun si porque todos estaban dicindo o seu nome. Pero o aceptou con condicións: que o farían dende unha fiestra da súa casa e que xa se encargaban de coller as cordas e atalas el e os seus colegas.
Pasada unha semana, toda a clase quedou na casa de Xoel, estaban todos na fiestra e cando Carla entrou e viu aquela corda dixo que aquilo non servía que se ía romper e engadíu:”Se colocas un peso que non supere a elasticidade da corda e a lonxitude á que se estire sea proporcional ao peso, esta fai unha determinada forza, estírase e vólvese a encoller (prodúcese a Lei de Hooke, pero se a corda é moi fina e o peso grande e non é proporcional coa elasticidade da corda a forza que fai a corda duplícase e estírase, chega ao seu límite e rompe. Tamén interveñen outros factores na rotura da corda como a temperatura, que é moi elevada hoxe. É o que se denomina rotura elástica.”
Ninguén lle fixo caso e Xoel atouse coa corda elástica, tirouse el primeiro e caeu nunha rocha e morreu, Carla xa o avisara pero ninguen lle fixera caso.Todos quedaron moi traumatizados, mesmo Carla, e nunca máis se volvéron burlar dela.