Frota Estelar

[Flota estelar, 10/07/2094, órbita do planeta Liran]
[Cabina de control]
-Capitán, a nave xa está posicionada na órbita do planeta- Comunica un técnico.
-Iniciemos o protocolo de descenso das NEP(Nave de exploración planetaria).
-Entendido.
[Plataforma de despegue]
-Protocolo de despegue aceptado. Todas as unidades suban ás naves! - Avísanos unha voz robótica.
Eu, como de costume, verifico se todo está en orde e subo á NEP. Detrás de min soben o soldado Ben e a doutora Lúa, os meus amigos de investigación desde hai catorce anos.
-Cerrando comportas- Volve a falar a voz robótica- iniciando despegue.
Unhas portas ábrese e, con axuda dun bazo robótico, a NEP sae da nave. Pola xanela podo ver o verde e azul planeta, o quel me recorda moito a Terra.
O planeta Terra, o meu fogar, que abandonei pola guerra e con ela a miña querida irmá Tasha. Nunca me olvidarei aquel día. Os biónicos atacaban as nosas cidades e nós resistiamos a duras penas, ata que o noso goberno deu inicio ao plan de escape planexado dende moitas décadas. Construíron catorce naves espaciais para que abandonasen a Terra e fosen en busca de outro planeta no que se puidese preservar a vida humana. O único incoveniente era que cada nave tiña capacidade só para duascentas mil persoas e a poboación mundial era de doce mil millons.
Eu e a minha familia fomos escollidos para subir, pero no momento do embarque unha multitude de rebeldes atacaron a base, os meus pais quedaron xunto con otros para retrasalos e dar tempo de que os demais entrásemos, mais non puideron aguantar. Ese momento… Tanto eu cómo os demáis adolescentes… foi a última vez que vimos os nosos pais.
Rapidamente, collín a miña irmá polo brazo e corremos ata a nave, mais xusto na porta, alcanzaronnos, eu loitei, os soldados de dentro da nave loitaron, mais non foi suficiente para recuperar a Tasha. Non sei que lle pasou, mais sospeito que o mesmo que aos nosos pais.
Cando a nave saíu da atmosfera puiden ver como bombas atómicas estalaban sen piedade contra o planeta, o meu planeta.
-Cato, Estás ben? -Pregunta Lúa, sacándome dos dolorosos recordos da guerra.
-Si, estou ben. So un pouco distraído- Minto.
Cando aterramos saímos da nave, noto que se respira un aire moi fresco e doce. A vexetación é indéntica á da Terra.
-Pois comencemos. Dice Ben.
Pasamos toda a tarde andando e investigando a zona, que resultou ser moi interesante. Descubrimos especies que nuncaviramos, como por exemplo, a flor negra con manchas brancas que respondía a sonidos, ou tamén o cabalo de tres cornos e dous rabos que resultou menos salvaxe do esperado.
Cando volvemos á realidade xa empezara a escurecer, así que puxemoss rumbo de volta á NEP. Mentres camiñamos, imos falando de todo o descuberto. De repente, polo IC (intercomunicador), escoitamos as voces axitadas do outro equipo de exploración.
-1-2B a 1-2A, repito, 1-2B a 1-2ª, contesta.
-Que ocorre?
- Algo nos atacou- Di unha voz masculina.
-O que?
-Non o sabemos, non puidemos verlo.
-Matou a Marta- Di unha muller que chora.
-Intentamos contactar co outro equipo, mais xa era tarde demais. Escoitamos os seus últimos gritos polo IC - Volve a decir o home.
-Onde estades?
-Estamos…
- Está aquí -Fala a muller.
-Que está aí? Que é? Pregunto preocupado.
-Lucia, corre!
-Que ocurre?- Pregunto xa con medo. Mais o único que escoito son pasos lixeiros, ata paran e se escoita un forte ruxido.
-Por favor, noooon! - Grita o home.
Foi o único que Lúa, Ben e eu escoitamos, os últimos gritos dos nosos amigos, os seus gritos de infinita dor. Entón a comunicacióncortouse.
Quedamos en silencio fronte ao ocurrido ata que ese silencio é roto polo que parece ser un…ruxido. Os tres nos miramos, e non fai falta dicir nin unha soa palabra, porque xa sabemos o que significa.
Os tres empezamos a correr, e non somos os únicos, algo nos persegue, algo moi grande.
A cousa achégase a toda presa e nos non paramos, ata que os seus pasos xa non se escoita.
-Ahh!- Grita Ben, e o monstro o colleo.
Eu e Lúa continuamos a correr, ata ver a nave que está a só trecentos metros. Corremos ata chegar, pero Lúa grita e cando a vexo está sendo arrastrada para o bosque, e queda en silencio.
Collo a lanterna, apunto para o camiño evexoo, aí de pé, o monstro. É unha especie de oso con dentes de sable, que están manchados coa sangue de Lúa.
Rapidamente pecho a porta, que é golpeada polo oso con fereza. ancendo a nave e voume.
Comunícome co centro de comando, desde a nave.
- Capitán, son Cato, do equipo 1-2A. A misión foi cancelada.
-Porque? Onde están os outros?
-Fomos atacados, e os outros… están todos mortos.