Vesubio

Agora, cando volvo a recordar o sucedido co propósito de contalo asómbrome pola sorte que corrín aquel día. Lembro aquela mañá de inverno borrosa no meu recordo, quizais coma un mecanismo para non volver recordar o que aconteceu ou quizais porque xa non son ningún rapaz. De todos xeitos, aquela mañá entre o zoar do vento e o chover desordeado sentíame coma na casa, levaba xa oito meses en Nápoles indagando e facendo grandes avances na miña investigación sobre o Vesubio, estaba moi cerca de obter un permiso para ir inspeccionar a boca do volcán e así obter máis información, pero o destino tíñame preparado outro tipo de inspección. É de saber común que cada certo tempo os volcáns entran en erupción e o Vesubio non era unha excepción, calcúlase que cada dous mil anos este volcán así o fai. Votando a vista atrás e sabendo o que aconteceu en Pompeia parece imposible que coas tecnoloxías e coñecementos que temos hoxe en día non fósemos capaces de previlo nin de salvar moitas das vidas perdidas. Tanto tempo separado da miña terra e das miñas costumes facía que pasase parte do meu tempo libre no pequeno e acolledor restaurante "Rías Baixas"; foi alí as oito e media da mañá onde me atopaba cando o famoso volcán deu o seu primeiro aviso, e coma se de un terremoto normal e corrinte se tratase empezou a zarandear toda a cidade. Pasado o susto a cidade e os seus habitantes seguiron coa súa rutina ignorando o que ía a acontecer, sen embargo eu sabía que algo non ía ben. Un terremoto desa magnitude nunha cidade coma Nápoles que nunca os rexistrara e sabendo que un volcán coma o Vesubio entra en erupción facendo grandes movementos de terra déronme algunhas pistas. Levaba chovendo toda a mañá e as rúas medio asolagadas presentaban un plano bulicioso e borrallento naquel primeiro xoves de decembro, eu dirixíame cara o concello para falar cun amigo meu que me ía conseguir o permiso de investigación no Vesubio, era concelleiro de ocio e quería previlo do que podía chegar a pasar, e que de algún xeito el conseguise falar co alcalde e que este despregase algún tipo de evacuación. En vano, xa que todos estaban moi ocupados coa chegada do novo presidente; funme de alí as doce da mañá, cheguei a estación do tren sen folgos e empapado, comprei un billete cara Roma, quería escapar de alí canto antes. Tras unha espera de case media hora entrei no tren e esperei a que o revisor pasase por min para ensinarlle o meu billete, mollado e desfeito non me serviu, volvín ir cara o punto de venta e cando cheguei o tren xa se fora, tiven que volver esperar outra media hora. Mentres viaxaba no tren adicábame a ver aos pasaxeiros que se afastaban da cidade, algúns sen sabelo estaban salvando a súa vida, pero fixeime nun en concreto, era un rapaz duns vinte anos, alto, loiro, e cunha mochila de acampada na costas, parecía estar fuxindo de algo, coma eu. Achegueime preto del e comeceille a falar, cun italiano pouco seguro, pareceu custarlle entenderme pero ao final decidiuse a falarme, polo que parecía a el tampouco se lle daba ben o italiano, coma min, era español, chamábase Jaime e era dun pobo de Andalucía, estaba algo asustado e fuxía de Nápoles pola mesma razón da que o facía eu. Ao lonxe víase unha gran nube negra cubrindo a cidade e unhas bolas escuras caendo a unha aceleración de 9´8 m/s^2 dende unha altura duns mil metros provocando a morte a quen collese. Tiven que explicarlle a Jaime que esas bolas escuras denominábase pedra pómez e que se formaban co pó que saía do volcán e coa choiva que caía. De súpeto desatouse unha tormenta e unha cadea de lóstregos avalanzouse sobre a cidade, dende a distancia víase fermoso pero alá en Nápoles debía de ser un auténtico inferno, como descubrira nas miñas investigacións a lava do Vesubio tiña un alto contido de Fe polo cal a electricidade dos lóstregos sería transportada pola pedra pómez e a pouca xente a que as pedras non alcanzara serían electrocutadas ao estar en contacto coa auga, unha gran conductora da electricidade. Eran as tres e media da tarde cando chegamos a Roma, en todas as televisións so se falaba do mesmo, o volcán acababa de erupcionar miles de persoas quedaran atrapadas baixo a lava incandescente como dous mil anos antes, eu case sen darme conta salvara a miña vida milagrosamente, media hora máis na cidade e...