O pecado

-Entón dunha costela de Adán surxiu Eva, primeira muller sobre a faz da Terra e a que personificaría o pecado máis adiante...
-De verdade hai persoas que creen isto? Que a inmensidade do universo ten unha orixe divina de 7 días?
-O máis divertido é como utilizan os seus argumentazos para rebatir o Big Bang. “A vosa explosión non pode loitar contra a man de Deus”, “É unha teoría pretenciosa e blasfema que cuestiona ao señor”.
-Que corran coa súa serpe falante e as súas mazás portadoras do pecado. Se na súa ignorancia son felices que sigan debuxando a Darwin no corpo dun mono.
-Certo, por que fixeran iso?
-Cando publicou, tras moitos anos na sombra, “A Orixe das Especies”, as autoridades eclesiásticas da Bretaña dixeron que o traballo de Darwin constituía a visión máis desagradable do ser humano concibida ata a data. E eles, crentes dun señor que creou todo o universo coñecido coas súas mans, atrevéronse a dicir que a evolución non tiña fundametos demostrables científicamente a curto prazo.
-Si, o seu si.
-Claro que si. Non podes comparar unha evolución que na época dicían “tivo moitos vacíos científicos” cunha moi coherente inmutabilidad das especies.
-Do mesmo modo que non podes comparar unha teoría de formación do universo que pretende facernos crer que toda a materia e o espacio estaban comprimidos nun único punto para logo explotar dando lugar ao espazo, o tempo e a materia coa longuísima expansión posterior cunha orixe que sae das mans dun vello omnipotente nunha semana.
-E ata con sesta o domingo!
-Nenos, atendede a lección que ao final da clase pregunto.
-Vai preguntar que?
-Son cristián? Si, son cristián pola gracia de Deus.
-Gracia si que ten.
-Cada vez máis persoas din que a Biblia é como outra novela calqueira. Se o pensas, o é cunha interpretación alegórica e non literal dos feitos que ocurren.
-Nunca o pensara, pero ahora que o dis...
-Se non xa me dirás, a virxinidade de María, biolóxicamente imposible sen inseminación artificial, a resurreción de Xesucristo, aínda máis biolóxicamente imposible e moitos etcéteras.
-Deus está directamente enfrontado á ciencia en cada unha desas páxinas.
-E dende aquel momento no que Eva mordeu a mazá do árbol prohibido, acabaron os privilexios. Os recursos ilimitados, o non traballar, o vivir sen dor algunha...