O crime imperfecto

Esta historia comeza o día 15 de maio do 1989.
Un marido, nomeado Nicolás Fernández Álvarez, disponse a entrar a súa casa, para estar coa sua muller e fillos, mais.. Cando entrou no vestíbulo da vivenda a súa muller estaba tirada no chan, e non reaccionaba. Nicolás, rapidamente chama a ambulancia para que puideran salvar a súa muller, pero xa era tarde, Berta González, a muller de Nicolás, falecera. Cando chegou o forense, para revisar o corpo, determinou, que Berta morrera dous días atrás.
Todos se preguntaron, como o seu marido non se decatara antes de aquel horrible feito, el, contesta que estaba nun viaxe de traballo, e que non tiña demasiado tempo libre. Os investigadores, non o crían, polo tanto puxéronse a investigar rapidamente. Conseguiran unha orde xudicial para rexistrar a vivenda da parexa.
Cando entraron, e miraron o escenario do crime, fotografaron todo. Ían ir a cociña. Cando abriron os armarios desta, no fondo de todo, encontraron un pequeno bote, cunha sustancia dentro. Cando o levaron ao laboratorio, cuns investigadores especialistas, decataronse que era arsénico e mercurio mesturados, unha sustancia letal para unha persoa de calqueira idade.
As sospeitas fixéronse maiores, xa que Nicolás traballaba de axudante nun laboratorio químico, polo tanto, podería conseguir esta sustancia moi facilmente.
Cando Nicolás se enterou de todo, para encubrirse, empregou ao seu compañeiro de laboratorio, o señor Diego Nuñez. Os investigadores, foron a casa de Diego, e este dixo que el non fixera nada, que non lle dera ningunha sustancia a Berta, que non sacara nada do laboratorio, e o poderían comprobar coas cámaras de seguridade que hai no laboratorio. Os investigadores, pediron as cintas, e Diego deullas.
Cando empezaron a mirar as cintas, decataronse de que cando Nicolás quedaba só, as cámaras apagábanse.
Xoán e Gabriel, os investigadores, contáronlle todo isto a Nicolás, el explicou que cando quedaba só, era para limpar o laboratorio, e parecíalle violento que o mirase ninguén facendo iso.
Gabriel e Xoán buscaron información sobre a sustancia empregada neste suposto homicidio, esta, é unha sustancia que afecta ao organismo lentamente, pero que fai moito dano, aínda que cando se fai unha autopsia da negativa en tóxicos.
Cando lle fixeran a autopsia a Berta, saía que non había ningunha sustancia tóxica no organismo. Ao saberen isto, os investigadores chamaron a un experto en laboratorios químicos, para que analizaran a Berta.
O primeiro que fixo foi arrancarlle un pelo da cabeza, con raíz, e aí saía que foi envelenada pouco a pouco.
Xoán e Gabriel, miraron a póliza de seguros de Berta, e resulta que Nicolás cobrara 600.000€ aproximadamente. Os investigadores decatáronse de que Nicolás tiña problemas de diñeiro, e por iso matara a súa muller.
Xoán e Gabriel levárono a xuízo, e os seus fillos, Marta e Gonzalo, testificarin contra seu pai, xa que se decataran que a súa nai estaba moi rara días atrás. Marta e Gonzalo non quixeron participar moito na investigación, xa que estaban moi doídos polo falecemento da súa nai.
A Nicolás condenárono a cadea perpétua sen posibilidade de libertade condicional, aínda que a maioría pedían pena de morte, pero o xuíz rebaixou a condena porque Nicolás confesou.
Este morreu os 50 anos, dun cancro na cárcere, e os seus fillos foron felices de haber resolto o crime da súa nai.