A Carreira

Eric levaba xa varias horas esperto, non fora quen de pegar ollo en toda a noite. Era o gran día, o momento máis esperado da tempada, non era unha carreira calquera coma a dos demais fins de semana... Esta vez, o gañador tería como recompensa ao seu traballo de todos estes anos, a convocatoria directa para formar parte do equipo olímpico do vindeiro verán.
Eric estaba só na habitación, era a mellor maneira de concentrarse. Levaba dende antes do amencer lendo frases de grandes pensadores de épocas pretéritas, casi a de Arquímedes “Dádeme un punto de apoio y moverei o mundo” ou aquela de Einstein que di “se procuras resultados diferentes non fagas sempre o mesmo”.
Deste xeito motivábase, a finalidade era conseguir a súa meta, o seu soño.
Durante o almorzo co resto do equipo mergullouse no seu maxín e matinou cal era a presión que estaba a exercer o leite sobre a magdalena que acababa de introducir nel. Era unha tolería pero decidiu buscar a densidade do leite en internet (1'032 g/mL) e mediu a altura do vaso cunha regla dun compañeiro, xa tiña o preciso e utilizou a fórmula que meses antes estudara na clase de física.
Nunca se parara a pensar niso. Sen dúbida, este tipo de cousas, curiosidades, inquedanzas, axudábano a relaxarse antes da carreira, a desconectar a mente antes da gran tormenta que estaba a piques de descargar nel.
Cando subiu ao autobús, a música soaba nos seus cascos con máis estrondo ca nunca. O autocar arrancou silandeiro a unha velocidade constante que debería ser duns 30 km/h, a pista agardábao impoñente, tranquila a aquelas horas da mañá, mais todos os deportistas sabían o que se lles aveciñaba nese día bochornoso de primavera.
Os vestiarios estaban ateigados de xente, con distintas preocupacións, con distintas visións pero cun obxetivo común, a clasificación para os xogos olímpicos.
A carreira arrancaría do estadio. Nos 42 primeiros quilómetros trancurriría polas rúas da cidade de Kuala lumpur e remataría cunha chegada triunfal no Estadio Nacional de Malaisia. Por sorte os dous mellores atletas da proba Haile Gebrselassie e Kenenisa Bekele, xa estaban clasificados para os Xogos.
Unha gran masa ateigaba a saída, estaban a piques de empezar.
Preparados... Listos... Xaa! O disparo do canón de aire soou e todos se lanzaron á pista.
Eric tiña claro o que debía facer, buscar o seu ritmo e deixarse levar, o comezo foi doado, conseguiu formar un grupo na cabeza da carreira co que seguir unha boa marcha, máis as cousas se torceron dun momento para o outro... Como de cotío Eric ía pensando nas súas cousas durante a carreira e non se fixou no burato que tiña a estrada nunha das curvas, dada a velocidade que levaba deu en ceder e caer de cheo no duro asfalto, que a aquelas horas da mañá ardía coma nunca.
Volveu á realidade, estaba tendido no chan, vía, mareado, como os seus compañeiros de fuga se ían alonxando cada vez máis da súa posición, tiña que reaccionar, a intensa dor que estaba a invadir o seu antebrazo non podía mermalo, non era unha carreira máis, era a carreira da súa vida.
Durante eses momentos de desconcerto e dor tanto física como mental, viulle á cabeza un problema de física que fixera en clase, sobre un corredor ao que lle cae un reloxo e ten que acelerar para coller ao seu compañeiro que seguía correndo a unha velocidade constante. El faría o mesmo, aos poucos intentaría recuperar os metros que agora o separaban da cabeza da carreira, conseguiríao custase o que lle custase, tiña que confiar nel mesmo, iso sería dabondo.
Calculou que lle levarían aproximadamente uns 500 m e que estaban a correr a unha velocidade de 10m/s.
Debía alcanzalos nuns 10 min para ter tempo a pegar un sprint final, así que mentalmente igualou as dúas fórmulas: A de MRU e a de MRUA.
Dáballe que debía acelerar 0'00277 m/s ao cadrado para poder pillalos, e iso fixo, aos 9 minutos xa os tiña a menos de 50 m e quedaban tan só 200 metros para rematar! Estaban a piques de entrar no
estadio, Eric apretou os dentes e pasou aos seus adversarios cunha velocidade impropia das alturas da carreira na que estaban e ante o asombro de todo o mundo proclamouse campión.
Hoxe, Eric, non é máis que un profesor de física, bastante cabezón e amargado pero... Cando chega o tema de movemento encéndese nel unha luz que leva anos xa enterrada, unha luz que o iluminará por dentro o resto da súa vida.